Proceso de recollida de avais para as primarias de elección de secretario xeral do PSOE

Publicado por socialistas de pontecesures o

Este venres 27 remata o prazo para a sinatura de avais para as primarias de elección de secretario xeral do PSOE, que de seguro estades seguindo a través dos distintos medios e internet.
Para facilitar o proceso, e que toda a militancia poida remeter os seus avais a calquera dos candidatos presentados, mañá xoves día 26, a partir das 19.30h, estaremos á vosa disposición na sede da agrupación para que poidades tramitar o voso aval por calquera dos candidatos.
Ademáis, queremos recordarvos que podedes ter toda a información sobre o proceso na web http://congresoextraordinariopsoe.es/ , e por suposto tedes a calquera membro da executiva municipal á vosa disposición para resolver calquera dúbida.
Sen mais, e convidándovos á vosa participación neste proceso, enviámosvos un agarimoso saúdo.
Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.