Inicio da Escola de Verán de piragüismo (mércores 2 de xullo).
Mañá mercores día 2 de xullo arranca a Escola de Verán de Piragüismo no Club Náutico de Pontecesures na que participarán rapaces/as dos concellos de Pontecesures, Valga, Padrón e Rois asi como de outras localidades da comarca.
Este ano destaca polo alto número de inscricións, froito do coñecemento que a xente está a ter sobre esta entidade deportiva así como da súa actividade e dos grandísimos resultados que está a ter últimamente, tanto en competicións nacionais como internacionais.
Esta enorme demanda obriga ó Club a dividir aos alumnos/as en dous grupos. Un grupo asistirá os luns e mércores e o outro os martes e xoves en horario de 10.30 a 13.00 horas aproximadamente.
Como tódolos anos o Club Náutico de Pontecesures pon ao servizo desta Escola de Verán os vehículos da súa propiedade para facilitar a recollida de alumnos/as que teñen dificultade para o traslado ás nosas instalacións.
0 comentarios