Concentración na estación de ferrocarril para lembrar a Antonio Jamardo Villamarín.

Publicado por Redacción o

Unhas vinte persoas acodiron hoxe ás 19 horas á estación de ferrocarril de Pontecesures para lembrar a Antonio Jamardo Villamarín que finou o 24 de xullo de 2013 no accidente ferroviario de Angrois. A cita foi convocada en Facebook e foron depositadas no andén flores na honra de Antonio.

Logo de pronunciar unhas verbas a representante dos convocantes para lembrar ao cesureño falecido no accidente e para desexar que se faga xustiza polo sucedido,  foi gardado un respectuoso minuto de silencio.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.