Pandeiradas, muiñeiras e xotas deron colorido onte ás rúas da capital do Sar.
Pandeiradas, muiñeiras e xotas encheron onte de música e colorido as rúas e prazas de Padrón, que acolleu a celebración do V Festival Folclórico. Organizado polo Concello en colaboración coa agrupación O Pedrón, o festival contou coa participación de catro grupos.
A xornada festiva iniciouse cos pasarrúas que as distintas agrupacións folclóricas fixeron polas rúas e prazas da vila. Ás 18.00 horas deu comenzo, na praza de Macías, o festival, coa actuación da agrupación Chorima, do veciño municipio de Rois, que tocou a xota e muñeira de Mercurín e os pasodobles de Brates e Mallou. No apartado de baile e pandeireta intepretaron as muñeiras de Abellá, Erboredo e Freixo e, no remate, a pandeiretada de Caión.
A segunda actuación correu a cargo da Asociación Fogo Fatuo de Rianxo, que interpretou tres bailes: a muiñeira popular, a xota e muiñeira de Zobra, e o pateado de Santiago.
El Correo Gallego
0 comentarios