Tal dia coma hoxe de fai 9 anos, un 13 de xullo do 2005, comezaba Palco de Estrelas en Radio Valga unhas das miñas maiores ilusións daquel momento e que xa levaba tempo matinando na miña cabeza. Recordo que a algúns cando lle comentaba a idea de facer un programa que so fora de orquestras dáballe a risa…naqueles tempos falar de orquestras nos medios de comunicación galego era algo anecdótico,e hoxe xa vedes a evolución que houbo a pesar do moito que aínda queda por facer. Quero agradecer a tódolos ointes, casas comerciais, orquestras,dúos,trios,charangas, webs festeiras, comisións de festas, concellos,axencias de espectáculos que durante todos estes fixeron posible que coa súa colaboración ou participación formaron ou seguen formando parte deste programa que fago con moito gusto tódolos xoves.E como non agradecer a confianza despositada en min polo director da emisora Héctor Bermudez e así coma polo concello de Valga coma fundador desta estación. Sinceiramente cando empecei co programa nunca pensei que ia botar nin tan sequera máis de 4 meses…..e xa van 9 anos e agora comezando a 10 temporada consecutiva, porque dende que empezou o programa tódalas semanas ata hoxe houbo sempre programa en directo, salvo 2 veces o ano pasado debido a unhas complicacións técnicas alleas a nosa emisora. En todo caso non coñezo ningun programa de radio ou de televisión en España no que un mesmo presentador fixera un mesmo programa durante tantos en anos en directo e sen interrupcións…..nin Luar. A todos e todas moitas gracias por aturarme estes 9 anos,e agardo poder seguir algo máis con todos vos. Un saúdo de Daniel Seijas Llerena, dende as terras de Redondo.
(O programa habitualmente é un dos máis escoitados do Mundo en internet na prestixiosa web radios.com.br entre máis de 18.000 emisoras de radio)
A Biblioteca Muncipal de Pontecesures, outra vez pechada.
Despois de estar pechada unha boa tempada a principio de ano por unha baixa médica da traballadora encargada do servizo, neste mes de xullo de 2014 permanece pechada a Biblioteca Municipal de Pontecesures situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, agora polas vacacións da traballadora.
Tampouco o goberno local vai contratar a ninguén para que o centro siga aberto durante o verán. Parece que as críticas dos usuarios danlle o mesmo, e así resulta lamentable o feito de que se suspenda o servizo de retirada de libros (fundamental para os escolares que precisan recuperar materias) ou o servizo de “Internet nas bibliotecas” que utilizan moitos peregrinos que pasan pola nosa vila percorrendo o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.
Xa a asociación de bibliotecarios de Galicia criticou en febreiro pasado a política deficitaria do goberno municipal de Pontecesures no eido cultural sobre todo nesta época de crise económica, pero o goberno fixo caso omiso. Logo de recibir varias subvencións ao 100% da Deputación e da Xunta para fomento de emprego contratando persoal, non é quen de enviar a ningún traballador administrativo á biblioteca para mantela aberta todo o verán.
En fin; que temos ás outras administracións tratando de adoptar medidas para manter no posible os servizos, mentres o goberno local de Pontecesures critica os recortes pero en realidade elimina este servizo básico sen dar máis explicacións. Moito falar de progresismo e de cultura, pero dos usuarios da biblioteca non quere saber nada.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
La peregrinación más masiva por el río Ulla.
Las embarcaciones de la Ruta Atlántica y las de la Ruta Mediterránea de la Travesía Náutica Xacobea se sumaron ayer al XXX Remonte Anual Marítimo-Fluvial conmemorativo de la Traslatio Apostólica, que este año tuvo como puerto de salida el muelle de Cabo de Cruz, en Boiro. Desde allí los tripulantes realizaron la última etapa para su llegada a Padrón a través de la Ruta Xacobea del Mar de Arousa e Río Ulla.
La directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participó en los actos institucionales organizados con motivo del remonte. Previamente a la salida para el recorrido por la Ruta Xacobea del Mar de Arousa y Río Ulla, se celebró un acto institucional conmemorativo de esta nueva edición de una peregrinación que organiza la Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. En los actos también estuvieron presentes además del alcalde de Boiro, Juan José Dieste, y el titular de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, el presidente de la Fundación Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino Marino.
El Correo Gallego
Dezaseis dornas honraron a Rosalía cun percorrido dende Valga a Padrón.
Un total de dezaseis dornas participaron onte na segunda edición da remontada do Ulla organizada pola Fundación Rosalía de Castro e pola Asociación Cultural Dorna da Arousa. Baixo o título Que inchadiña branca vela, as embarcacións conmemoraron este verso da poetisa do Sar na súa publicación Cantares gallegos.
O percorrido desta singular ruta deu comezo no lugar de Vilarello, no municipio de Valga, dende onde navegaron polas augas do río Ulla até o Paseo do Espolón, na capital do Sar. As dezaseis dornas participantes nesta iniciativa procedían tanto da Illa de Arousa coma do Grove.
El Correo Gallego
As xentes do mar soben en dornas ata Padrón para homenaxear a Rosalía.
Padrón foi onte punto de chegada de dúas rutas ben distintas. Por un lado, a dos catamaráns da peregrinación xacobea e, por outro, a das dornas da Arousa, esta última como homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, promovida pola fundación que leva o nome da escritora e pola Asociación Cultural Dorna de Arousa.
A media tarde, dezaseis dornas do Grove, Cambados e A Illa de Arousa subiron co vento en contra polo río Sar ata o Paseo do Espolón, despois de partir dende a praia fluvial de Vilarello, en Cordeiro, no concello de Valga. En Padrón, a altura do Espolón, as dezaseis dornas flamearon velas na honra de Rosalía e do seu verso Que inchadiña branca vela, do libro Cantares Gallegos, mentres soaba música tradicional galega e aplaudía o numeroso público congregado no paseo, nun día no que a vila gozou tamén da feira medieval.
? o segundo ano que a Fundación Rosalía de Castro organiza esta homenaxe pero foi o primeiro no que os mariñeiros sacaron a man da auga unha dorna, a que levaba o nome da escritora, para depositala ante a súa estatua no Espolón onde, xunto co Concello, deixaron unha coroa de loureiro antes de levantar remos todos xuntos e pousalos sobre a embarcación, para logo escoitar o himno galego con padroneses, conveciños e visitantes.
La Voz de Galicia
As xentes do mar de Arousa non esquecen a Rosalía.
Saída das dornas da praia de Vilarello no día de onte.
A escritora Rosalía de Castro inda pervive en moitos corazóns, entre eles os das persoas do mar. Onte esas persoas quixeron demostralo remontando o río Ulla en dornas a vela, a embarcación máis utilizada polos mariñeiros na época na que ela viviu. Un total de dezaseis dornas da Illa, Cambados e O Grove saíron a ritmo da música que tocaba a banda de Valga da pequena praia fluvial que existe en Vilarello, no Concello de Valga, coa proa apuntando cara Padrón para homenaxear á escritora. Vento e río tamén quixeron colaborar nesa travesía, ofrecendo unha navegación espectacular pola zona máis navegable e permitíndolle aos mariñeiros realizar un par de bulinas que, con outro tipo de situación, serían impensables no Ulla.
O último tramo da travesía, que levaba o nome de “Que inchadiña branca vela” fíxose coa forza dos remos. A bogar foi como pasaron as catro últimas pontes que se atopan antes de chegar á beira de onde se celebraba a homenaxe que impulsa a Fundación que leva o nome da poetisa, catro pontes que se atopaban ateigadas de público para ver a travesía.
Cos acordes do himno do antigo reino de Galicia, os mariñeiros desembarcaron para levar ata o monumento a Rosalía a dorna que leva o nome da escritora. Cos remos levantados cantouse o himno, un dos momentos máis emotivos da celebración e que culminou cunha morea de aplausos por parte do numeroso público que asistíu ao acto diante da estatua de Rosalía situada no Espolón de Padrón.
O director da Escola de Navegación Tradicional, Salvador Allo, recoñecía que “foi un acto moi emotivo no que levamos dous anos participando e que esperamos que teña continuidade no tempo durante moitos máis”.
A actividade celebrouse por vez primeira o ano pasado. Foi unha iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar á autora que, en “Cantares Gallegos”, falaba das dornas que remontaban o río Ulla no seu tempo.
Faro de Vigo