Apoio as familias con TDAH en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O vindeiro martes, 30 de setembro, o Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando á Par, presentará un novo programa educativo dirixido as familias que teñan fillos/as co Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad (TDAH) e do cal poderase beneficiar toda a veciñanza de Pontecesures e dos concellos limítrofes que queiran participar, o acto de presentación terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures ás 12 da mañán, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2014/2015 que agora da comezo.

O obxectivo deste programa é fomentar a competencia educativa das familias coa creación de espazos para as familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente profesionais e os pais/nais dos nenos/as que padecen este trastorno, que en ocasións polas propias características do trastorno é moi difícil de levar para moitas familias.

Un ano máis, o concello de Pontecesures, dende sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por complementar e ampliar os servizos de asesoramento e atención educativa ás familias da nosa vila.

Dende o concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio aos pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.

Invitámosvos e animamos a que participedes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.