Radio Valga 107.9 FM convirtese na emisora máis escoitada por internet de toda España, nos meses de verán, superando á Cadena SER e Los 40 Principales.
Radio Valga 107.9 FM foi a emisora que acabou lider audiencia, entre un total dunhas 500 emisoras españolas, na importante app Radios.net e na web radios.com.br, no pasado mes de setembro, ademais de ser a estación radiofónica que máis ointes sumou no verán,entre xullo e setembro. ? o segundo mes que a emisora o consegue neste ano – a primeira fora en xullo- , acabar lider absoluto dun mes, sendo a primeira emisora de Galicia que acaba de primeira na historia desta plataforma internacional de escoita on line. Pola súa banda o programa «Palco de Estrelas», presentado por Daniel Seijas , que se emite os xoves de 20h a 5 da mañá, é o programa máis escoitado en internet en España nas webs Raddios.com e Radios.com.br,na súa franxa horaria, acabando de madrugada coma o programa máis escoitado de todo o Mundo no portal Radios.com.br, aparecendo de primeiro ou de primeiros,segundo a semana, na lista Top 20 Mundial da web (dun total dunhas 18.000 emisoras, onde non se contabilizan as brasileiras).
Ten mérito que unha emisora «pequena» e no que toda a súa programación sexa en galego, ocupe o primeiro posto deste ranking.
A emisora podese escoitar e consultar o datos de ointes en :
www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
e as estadisticas xerais en : www.radios.com.br
0 comentarios