A Casa de Rosalía acollerá o 25 unha homenaxe ao Pinto d’Herbón.

Publicado por Redacción o

A Casa Museo de Rosalía de Castro acollerá o sábado 25 de outubro o acto titulado Coroa poética para o Pinto d`Herbón, no que distintas persoas ligadas ao movemento bravú lle renderán homenaxe a este veciño de Padrón, de nome Daniel Alexandre Vecino e destacado regueifeiro e rapeiro. Así, persoas como Xurxo Souto, Manuel Rivas, Caruncho e Paola Beiro renderanlle homenaxe en varios actos abertos ao público.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.