Escrito da ACP á concelleira de medio ambiente urbano sobre a posible tala de frutais en parcela municipal.

Publicado por Redacción en

Dª CECILIA TARELA BARREIRO
CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE URBANO DE PONTECESURES
O pasado sábado día 15 de novembro presenteime no terreno municipal situado na parte traseira das vivendas de protección oficial de promoción pública no Monte de Porto (preto do campo de fútbol ??Ramón Diéguez?) construídas a mediados dos anos noventa para comprobar o estado dos arbustos frutais que se pretenden talar no espazo de terreo público que é na actualidade unha zona de lecer. Nese día solicitei unha explicación pública ao goberno municipal de Pontecesures a través dos medios de comunicación sobre a posible corta desta plantas sen recibir nova algunha.
Pois ben; reitero que nin pola situación nin polo seu estado apreciase motivo algún para a corta duns arbustos que non lle molestan a ninguén. Todo o contrario, están nunha zona de xardín para o disfrute de todos.
A este concelleiro, sen ter máis información sobre o particular, parécelle unha aberración adoptar unha decisión drástica deste tipo que vai contra o medio ambiente e mesmo contra o sentido común.
Polo exposto, e agora por escrito, prégase que se nos convoque inmediatamente aos concelleiros da oposición de adoptarse a decisión de talar os arbustos, sempre con carácter previo á tala, para explicarnos que é o que está a suceder.
 
Pontecesures, 17/11/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.