Finou Villaverde.

Publicado por Redacción o

Aos 82 anos de idade, finou no día de onte o veciño da Avda. de Arousa de Pontecesures, José García Villaverde, que estaba casado con Concepción Abalo Mosquera. Foi Villaverde concelleiro de Pontecesures na lexislatura 1979/1983.

O velorio está instalado na sala nº 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 16 horas de hoxe, 27 de decembro, oficiarase a misa funeral na Igrexa de Xanza. Os seus restos mortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de dito lugar.

Descanse en Paz.

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.