A ACP critica a nova suba do IBI en Pontecesures.
Nunha decisión adoptada sen consenso algún, e para sorpresa de todos, o goberno municipal de Pontecesures solicitou no seu día a actualización dos valores catastrais para o pasado ano 2014 cunha suba dos mesmos dun 6% e así os recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) 2014 subiron en dita porcentaxe para os bens de menor valor catastral (os inferiores a 33.160,22 ?) algo que foi moi criticado pola ACP.
Agora temos para 2015 a segunda das consecuencias negativas para os contribuíntes pola suba dos valores catastrais en 2014. O tipo de gravame do IBI segundo a normativa estatal, vai ser o do 0,56% para os valores catastrais inferiores a 35.150 ?, aproximadamente (valor catastral medio en Pontecesures) que é o tipo da ordenanza fiscal vixente, pero pasa a ser o do 0,5936% para os valores superiores a esa cifra. ? dicir; o recibo do IBI 2015 vai subir un 6% para os titulares de bens con valor catastral superior á media.
Estamos a sufrir en Pontecesures a un goberno que tomou decisións que prexudican a todos. Neste tema do IBI en lugar de «conformarse» coa subas decididas polas normas estatais, o goberno castiga aos contribuintes e subeu o IBI un 6% en 2014 aos inmobles con valor máis baixo da media e agora tamén, como consecuencia da súa irresponsabilidade, tamén sube 6% para 2015 para os inmobles con valor máis alto da media.
En fin, un desastre nesta materia impositiva sen planificación algunha e con ocorrencias que non se entenden nestes intres de crise. ? moi doado criticar a outras administracións por subas de impostos e recortes e logo en Pontecesures o goberno BNG/PSOE/TeGa eleva a presión fiscal todavía máis.
Outra suba máis neste mandato que remata. O goberno ademais quere que estes temas non trascendan, que pasen «como de tapadillo». Sempre a recadar dos veciños, pero de eliminar as exclusivas que perciben, nada menos, que os tres tenentes de alcalde,Cecilia Tarela (BNG), Roque Araújo (PSOE) e Ángel Souto (TeGa) no noso pequeno concello, nada de nada. Esperemos que os veciños teñan en conta o vindeiro 23 de maio o que está a suceder.
Pontecesures, 20/01/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios