Desfibriladores e novo decreto da Consellería. Nota integra do PP Pontecesures.

Publicado por populares de Pontecesures en

Informábase estos días da pretensión da Consellería de Sanidade de elaborar un Decreto que obrigue os colexios e instalacións deportivas a que dispoñan de desfribriladores semiautomáticos para casos de emerxencia.

Recorda Vidal Seage, que xa no ano 2013 a través da Deputación de Pontevedra se promoveu un proxecto polo cal a Deputación cofinanciaba a dotación de desfibriladores para instalacións deportivas para os concellos da provincia de Pontevedra, iniciativa á que se sumaron gran cantidade de concellos da provincia.

A Pontecesures,ó contrario que a outros concellos da comarca do Ulla-Umia non lle correspondeu ningún deses desfribriladores, por un motivo tan simple coma insólito, non foron solicitados polo goberno local.

Con entrada en vigor do Decreto veremos como uns dispositivos que axudaría a salvar vidas terán que ser financiados doutro xeito, cando xa podían estar operativos hai dous anos, e dar a posibilidade de que a gran cantidades de usuarios do Clube Nautico, pavillón polideportivo ou campo de futbol contaran hai tempo con desfibriladores en funcionamento nas súas instalacións.

 

Juan Manuel Vidal Seage.

Portavoz Partido Popular Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.