O PP de Pontecesures critica a lamentable xestión do parque móvil municipal.

Publicado por populares de Pontecesures en

No que levamos de lexislatura  o goberno local de Pontecesures ten gastado máis de 26.000 ? en reparacións en pouco máis de media ducia de vehículos municipales e un ciclomotor, reparacións levadas a cabo na súa mayoría por unha única empresa,  algún vehículos como a furgoneta de obras Iveco leva gastado case 9.000 ? en reparacións, máís do seu valor de mercado?  Se en Xuño do 2012 o Partido Popular destapara o escándalo de que a inmensa maioría dos vehículos municipais carecián de ITV ó día e que se destinaban algúns deles a traslado de nenos e resto de usuarios a competicións deportivas carecendo da preceptiva inspección técnica que garantira a súa seguridade, non deixa de ser menos insólito as cantidades que se empregan no seu mantemento e reparacións

Trátase de vehículos alguns deles que xa levaban a cabo outros cometidos hai anos no concello, tales como vehículos de Protección Civil etc e que se lle teñen dado outros usos polo actual goberno, pasando a servir de vehículos de apoio ás brigadas de obras ou para o traslado de persoal que eventualmente realiza traballos nos distintos postos dos últimos plans de emprego da Deputación.

Son vehículos anticuados, con máis de 10 anos de antiguedade algún deles, ineficaces no consumo de combustible e pouco axeitados os usos actuais. Nalgúns casos dase a insólita circunstancia que no que vai de lexislatura tense gastado na reparación nalgún deles o equivalente ó seu valor de mercado, e noutros esta cantidade gastada en reparacións multiplica por dous o seu valor venal.

Juan Manuel Vidal Seage

Portavoz PP Pontecesures.VEHICULOS MUNICIPALES JPG


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.