AMPLIACI?N P.P.O.S. 2015
Despois da subención, concedida pola Deputación de Pontevedra do P.P.O.S. 2015, coa cantidade de 95.142,33? cos que foi solicitado a realización de 2 obras (ACTUACI?N DE MELLORA E ADECUACI?N DE CADROS NA INSTALACI?N DE ILUMINACI?N P?BLICA por importe de 20.703,10? e ACTUACI?N DE ASFALTADO NAS R?AS CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A MIGU?NS PARRADO E R?A CANTILLO por importe de 50.457,57?) e mais o pago de 2 mensualidades do Canon do lixo (gasto corrente novo) por importe de 23.981,66?, agora a Deputación de Pontevedra ven de ampliar a subención en 142.713,50? os cales se invertirán en 4 obras:
1º) RENOVACI?N DE CADROS EL?CTRICOS
E AMPLIACI?N DO ALUMEADO P?BLICO
O Concello de Pontecesures Precisa levar a cabo una actuación de mellora do sistema de alumeado público para suministrar dito servicio a varias rúas que carecen do mesmo.
A actuación consistirá no saneamento de 8 cadros eléctricos en varias rúas do concello e na colocación de 11 novos puntos de luz tanto na rua de enlace de Paxareira-DR. Mosquera coma no entorno do parque infantil do Outeiro.
Actualmente boa parte dos cadros da instalación de iluminación pública atópanse moi desfasados, con aparellos antigos, algún estropeados e, sobre todo, con poucos elementos de seguridade.
Por outra banda, a instalación de alumeado público presenta un estado deficiente nas rúas de enlace entre a rúa Paxareira e a rúa Dr. Mosquera, sen apenas puntos de luz polo que compre a instalación de novos puntos para garantir un mínimo de seguridade e comodidade ós viandantes. Asemade no parque infantil do Outeiro a rede de iluminación existente na zona non chega ata dito parque.
Cadro eléctrico
Enlace Paxareira-Dr Mosquera
Entorno do parque infantil do Outeiro
O presuposto total da obra ascende a 25.292,87?
2º) PAVIMENTACI?N EN 3 R?AS.
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo una actuación de mellora e execución do firme en 3 rúas municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.
A obra consistirá na execución dunha nova capa de rodadura, xa que a actual atópase en mal estado, nas rúas Gorgullón e Subida de Requeixo, e a execución dun pavimento de formigón na rúa do Outeiro.
Actualmente, tanto a rúa Gorgullón coma a subida de Requeixo contan cun firme asfáltico deteriorado, com moitas fochancas e co asfalto disgregado polo seu uso e antigüidade, namentras a Rúa do Outeiro carece de firme.
As obras consisitirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, nas dúas primeiras, así coma a realización dun pavimento de formigón na terceira. Para isto, nas rúas Gorgullón e Subida de Requeixo deberase previamente limpar as marxes e o asfalto actual. No caso de rúa do Outeiro será preciso facer un rebaixe do terreo natural para retirar a capa vexetal e aloxar tanto a base de zahorra coma o propio pavimento de formigón.
O asfaltado realizarase cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluido o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfalto realizarase sobre una capa de zahorra artificial.
Gorgullón
Subida de Requeixo
Outeiro
O presuposto total da obra ascende a 24.020,31?
3º) INSTALACI?N DE NOVOS NICHOS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE PONTECESURES
Á vista da demanda existente, o Concello de Pontecesures pretende levar a cabo una actuación de instalación de 48 novos nichos no cemiterio municipal.
A obra consistirá na execución dunha estructura ou carcasa perimetral, formada por uns muros de formigón armado, coloreado e con diversas texturas superficiais, dentro da cal se irán instalando módulos de 12, 16, 20 ou 24 nichos prefabricados, delimitados por muros insitu de de formigón armado nos laterais, e de bloque de formigón na parte posterior, deixando nesta a preceptiva cámara de ventilación e de recollida de lixiviados. Na presente fase instalaranse 48 nichos en módulos de 16, 12 e 20.
Ademáis do anterior, executarase diante dos novos nichos un camino de grava, cun tubo de drenaxe enterrado que permita evacuar as pluviais, e, ao final do camino, un alcorque para a plantación dun magnolio, así como un surtidor de auga conectado á mangueira existente nesa zona.
O fronte dos nichos rematarase con pezas ractas de granito gris de Mondariz.
Cemiterio Municipal
O presuposto total da obra ascende a 44.913,23?
4º) MELLORA DO ALUMEADO P?BLICO
O Concello de Pontecesures precisa levar a cabo una actuación de mellora do sistema de alumeado público existente na actualidade para correxir dito servizo en varias rúas.
A actuación consistirá na sustitución de 27 apoios de formigón do tendido actual, con un alto grado de deterioro e a reposición ou nova colocación de 48 puntos de luz.
A instalación do alumeado nas catro zonas (Rúa Borobó, Rúa A Toxa, Rúa Carlos Maside e a zona de Condide-Couto) atópase nun estado de deterioro debido a antigüidade da mesma, presentando soportes de formigón con brazo que soportan directamente as luminarias, unido isto a que o tendido non presenta un cableado de suficiente dimensionado para alimentar os puntos de luz existentes. preténdese tamén con esta actuación sustituir as luminarias existentes, algunas en mal estado, por outras de baixo consumo máis eficientes enerxicamente. Compre pois, renovar tanto o tendido eléctrico coma os soprtes e luminarias.
Borobó
A Toxa
Carlos Maside
Zona Condide-Couto 1
Zona Condide-Couto 2
O presuposto total da obra ascende a 48.487,09?
0 comentarios