O FONDO GALEGO DE COOPERACI?N E SOLIDARIEDADE PRESENTA EN PONTECESURES A ACTIVIDADE ??TI TAM?N CONTAS?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

cartel A TROPA DE TRAPO 2015

‘TI TAM?N CONTAS’ é a actividade ideada pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O espectáculo está  baseado en temáticas variadas en torno á cooperación e solidariedade.

A xira 2015 da compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega o martes 21 de abril a Pontecesures. Grazas ao apoio do concello, socio da entidade municipalista, o Centro Social acollerá a representación de ‘TI TAM?N CONTAS’, a partir das 12.00 horas.

Esta actividade vai dirixida a alumnos/as de educación secundaria.

A Tropa de Trapo comezará ??Ti tamén contas? contando dous contos que aporten temáticas para traballar despois. A continuación e a través de xogos e dinámicas participativas, debatiráse acerca dos temas e conceptos suxeridos nos contos. Finamente, cerraráse a sesión cunha peza de teatro do oprimido, improvisada e suxerida polo público.

 


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.