Sabariz alerta do perigo dunha casa abandonada en Carreiras.

Publicado por Redacción en

casacar

No interior do lugar de Carreiras hai unha casa abandonada que permanece aberta, como se aprecia na fotografía, ocasionando problemas de salubridade e con risco tamén de provocar problemas de seguridade cidadá. Sobre todo en horario nocturno, son moitos os veciños que evitan pasar por diante do inmoble pola inseguridade que transmite ao non estar pechado e a posibilidade de saír alguén do interior.

Dende a ACP, solicitamos ao goberno local que realice as xestións oportunas co propietario para que esta casa abandonada sexa pechada por razóns de salubridade e de seguridade cidadá.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

9 comentarios

Dios · 29-04-2015 a las 21:42

Dios, Sabariz, que pesado eres. Non te cansas de queixarte? Eres peor que un neno pequeno. Amargado. Menos mal que te retiras. Qué pesadilla!

Luis Sabariz · 30-04-2015 a las 23:33

O importante é que se arranxe este problema en Carreiras porque da realmente medo pasar por esa zona. O que digan de min é o de menos, xa estou acostumado. O meu deber é cumprir ata o final co compromiso que adquirin cando me presentei ás eleccións para estes catro anos que rematan. Se a alguén non lle gusta, pois non teño que facerlle. A ver se a casa queda pechada pronto.

    O AMANTE BILINJUE · 1-05-2015 a las 18:00

    Nin caso, Don Luis, moitas grazas polos servicios prestados. Seguro q moitos daranse conta da sua valía cando xa non esté (ainda q iso vai ser moi fácil co nivel de políticos q temos). O dito, moitas grazas.

    Ingelheim · 1-05-2015 a las 20:50

    Compromiso? O de usar o teu cargo para facer unha casa saltandose os plans urbanísticos?Ou o compromiso de alistarte nunha lista para despois abandonala?Ou lanzar calumnias polo mundo adiante durante 8 anos?

Luis Sabariz · 1-05-2015 a las 22:57

En lugar de comentar esta nova do problema que teñen en Carreiras, fálase de temas alleos moi debatidos no seu día. Porén, comento, en relación coas tres alusións, que tanto nos plenos como en todo tipo de medios de comunicación, neste blog pódese comprobar de xeito doado, déronse, ao detalle, todo tipo de explicacións (nin saltos, nin listas, nin calumnias). Unha cousa teño clara, ata que remate o mandato seguirei co meu labor de concelleiro. ? igual que critiquen, de xeito anónimo ou non, o meu traballo.
Voltando á nova; considero que o importante para a xente de Carreiras e que se peche ou se tapie o inmoble en cuestión. O goberno local debe de facer todo tipo de xestións coa propiedade para que iso sexa unha realidade.

    -_- · 2-05-2015 a las 14:22

    Igual igual non che da, por que xa contestaches 2 veces ás críticas.

    Parece que che molesta que che recorden o teu pasado, pois é o que hai. ? o que eres, todas as malas cousas que fixeches provocan que nadie teña en conta o que digas ou fagas

Luis Sabariz · 2-05-2015 a las 15:18

Non me molesta, todos temos erros pero non ata o punto de me arrepentir. O que non podo é explicar as cousas tantas veces. Quen estea interesado nalgún dos temas polos que se me acusa, que me chame, quedamos, e alí, con documentos na man falamos das Normas Subsidarias anteriores ao PXOM, do propio PXOM, da normativa urbanística, de licenzas, de deberes urbanísticos, de cesións, de prazos, de volumes, etc.., e por outra banda dos xustificantes dos consumos de gasoil do Patrol, dos datos da quilometraxe, das actas dos plenos, da instrucción, das declaracións das testemuñas, dos informes dos peritos, dos autos da xuiza e da Audiencia Provincial, do informe da fiscalía, dos feitos xusticiables, etc.. Nada disto é segredo.
Non debemos saírnos máis da nova. O importante é que quede solucionado o da casa de Carreiras.

outro · 2-05-2015 a las 15:37

Dios: entendo que ti xa o sabes todo por definición da divinidade, pero para ao resto tos mortáis que non sabemos nada de nada, deixa que Sabariz siga a contar algunhas desas cousiñas que tanto molestan a outros.
Anónimo que por non ter non tes nin seudónimo: claro que hai una maioría que non lle dou o voto a Sabariz, e polo tanto podemos supoñer que non lle interesan os seus comentarios. Pero diso a dicir que non lle interesan a ninguén… en fin… eu preferiría que non falases ti por min. A min non me interesa o que digas ti nin o actual grupo de goberno. Xa ves, hai para todos, aínda que para uns mais que para outros, certo é.
Sabariz: un desexo, o retiro da vida pública por cuestión de plazos xa non debe ter marcha atrás, pero agardo seguir léndote aquí. ? que ademáis, se ti deixas esta páxina ¿en qué queda? ¿en nada? Ahhhhhhhhhhhh… é que iso pode ser exactamente o que queren algúns.

charly · 2-05-2015 a las 18:14

Animo Saba que os tres becarios enteranse do que pasa no pobo por ti, e claro despois (jod- fastidia ) eu propoño levar o patrol o libro GUINNES dos records
como o patrol con, o consumo mais grande do mundo mundial asi fariamosnos famosos, como os de carcacia pero sin tortilla,e sin gastar un solo ovo, Por que
nin en campaña electoral, se ben as maquinas parcheando nin eso, PATETICO
eu xo dixen neste foro non vou botar que vain traballar poñer o lombo como poño eu, a choiva e o sol, pero a lo menos, vivo do meu traballo non a conta dos veciños

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.