Carta do candidato do PP, Vidal Seage, aos electores de Pontecesures.
Queridos veciños e veciñas:
Estamos ás portas dunha nova cita electoral, unha cita particularmente importante, porque nesta ocasión elixiremos aos representantes municipais que se van encargar de encamiñar os destinos de Pontecesures a as súas xentes durante os vindeiros catro anos.
Pontecesures necesita dos seus veciños máis que nunca, necesita un goberno firme, apegado á realidade do noso pobo e con capacidade para xestionar ante calquera institución proxectos encamiñados á mellora das infraestruturas, das súas manifestacións culturais, e, en definitiva, defender os intereses dos seus homes e mulleres.
Cómpre poñer fin a este delirio de goberno que durante os últimos catro anos non soubo resolver axeitadamente todas as expectativas que os veciños depositaron neles. Un goberno inoperante, falto de ideas, con un alcalde desaparecido e cunha pobre xestión, adicado máis ben á procura da mellora das condicións laborais e económicas dos tres titulares con dedicación exclusiva. Foi a primeira vez na nosa historia que a maioría do equipo de goberno cobra por desenvolver ese labor, por resolver problemas que ao final desta lexislatura seguen sen solución.
O vindeiro 24 de maio, os cesureños temos a posiblidade de valorar ao goberno que nos dirixiu durante estes catro anos, a ese tripartito de conveniencia, sopesar se efectivamente cumpriron o que se esperaba deles, e se os recursos públicos que se dedicaron a manter ao anterior equipo de goberno resultaron rendibles ou se, pola contra, foron catro anos perdidos e un despilfarro de recursos a cambio de nada. Non teño dúbida do que pensará a maioría.
A candidatura coa que o Partido Popular de Pontecesures concorre a estas eleccións está formada por mulleres e homes convencidos de que outro Pontecesures é posible, e que o primeiro paso para obter resultados distintos é non facer sempre as mesmas cousas nin cometer os mesmos erros.
En ti, veciña e veciño de Pontecesures, confío para obter o voso apoio neste vindeiro 24 de maio, convencido como estou de que outro Pontecesures é posible coa colaboración de todos.
Aproveito a ocasión para trasladarche un afectuoso saúdo.
Juan Manuel Vidal Seage
Candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontecesures
3 comentarios
Pepiño · 18-05-2015 a las 18:47
Non son do PP, nunca votei ao PP, pero desta vez vou facelo porque este e un voto a persoa, e Manolo Seage e o mais formado dos aspirantes, ten ideas para o pobo, boas relacions, educado, comprensivo, de facha nada, amable, pode representar a Cesures de maravilla en todas partes, importan agora as persoas non os partidos
Tatexo · 18-05-2015 a las 20:48
Opino igual que Pepiño. Manolo Seage es una persona cultísima, preparada y que representaría a nuestro pueblo de una gran forma. Pero sin duda, lo que más me convence para votarlo es que la suya es la única lista que se ha hecho sin ánimo de afanar el dinero que los cesureños honrados nos ganamos con el sudor de nuestra frente.
Así que: ¿Si unos son malos y los otros también, a que político debemos de votar? Está claro, al que no quiera cobrar. Al que no tenga afán de lucro. Y está claro que las otras cuatro listas se han hecho con intención de cobrar un sueldiño. Yo lo que les digo es: si queréis cobrar, a trabajar.
con sentido · 19-05-2015 a las 13:12
Tampouco son eu precisamente do PP, nen penso votarlle en outras eleccións, pero en un pobo tan pequeno prima a persona, e Seage, Manolo para os que o coñecen ben, reune todas as cualidades que temos que pedirlle a un alcalde para o noso pobo!!! humildade, dedicación, traballador, intelixecia, saber estar e cercanía coa xente. Animo Manuel e sorte!!!! e sobre todo, porque penso que vas ser o próximo alcalde de Pontecesures, nunca te olvides dunha cousa, nada de pactos á conta de cheques e sueldos! Nada de tres a cobrar en un pobo de 3000 habitantes!!! ti non necesitas a política para vivir! E non permitas que ninguén utilice os teus votos para encontrar traballo!