Cecilia Tarela: «A ausencia de Sabariz suporá un alivio para o pobo en xeral».

Publicado por Redacción en

O próximo día 24, Cecilia Tarela afrontará a súa primeira loita pola Alcaldía, pero esta cesureña de 38 anos, non é nova nisto da política local. Substitúe ao sue compañeiro de partido e alcalde nos últimos anos, Álvarez Angueira, e a avalan a súa experiencia como actual terceira tenente de alcalde e responsable das áreas de Muller, Xuventude e Medio Ambiente sen esquecer que a estes catro anos como edil hai que sumarlles outros tantos na oposición, ademais de toda unha vida vinculada ao asociacionismo cesureño. De feito, foron os seus compañeiros os que decidiron que era a persoa máis idonea para liderar o Bloque nesta nova cita electoral na que espera gañar para seguir gobernando a vila e, novamente, están abertos aos pactos, aínda que non a calquera prezo. «Sempre que sexan razoables», declara.

Preséntase por primeira vea á alcaldía. Que lle animou a dar o paso?
Animoume o traballo realizado nestes catro anos. Tamén a experiencia que vas collendo durante unha lexislatura na oposición e outra no goberno. E os meus compañeiros de partido que foron os que me colocaron na parrilla de saída.

De acadar o goberno, que faría no primeiro día de mandato?
Seguir traballando como todos os días polos veciños de Pontecesures.

Se tivera que destacar só unha das propostas do seu programa, cál sería?
O benestar dos meus veciños, xa que nestes tempos que corren é o que toca. Que ninguén pase necesidades que moitas veces lles viñeron impostas por esta crise da que eles non teñen culpa.

Unha pregunta obrigada é saber se o Bloque estaría disposto a volver a pactar para gobernar.
Sí. Sempre estivo e está disposto a pactar. Sempre, claro está, que os pactos sexan razoables.

Cree que a absolución de Angueira verase recompensada en máis apoios da poboación?
Penso que sí, aínda tamén teños que dicir que presentouse estando xa imputado e iso non restou que a xente confiara nel para darlle o seu voto.

O concelleiro da ACP, Luis Ángel Sabariz xa non volverá a estar na corporacion municipal. Que suporá esa ausencia tendo en conta as tensións existentes entre o goberno local e esa agrupación?
Tranquilidade en xeral. Eu penso que para nós, xa que é unha persoa difícil de traballar con el. E penso que para o pobo en xeral. Un alivio.

Diario de Arousa


23 comentarios

outro · 16-05-2015 a las 11:08

Que os do Bloque poidan quedar aliviados coa marcha de Sabariz podo entendelo. Pero que o pobo en xeral quede aliviado por iso… mal empezamos… se é que chega a empezar. Probablemente o pobo quedará máis aliviado cando deixe de pagar tres nóminas.
(Non hai de qué, Sabariz).

pesado · 16-05-2015 a las 14:11

Canta razón ten respecto ao de Sabariz. Santa muller.

doctor · 16-05-2015 a las 14:20

Pois si, moi aliviado

Luis Sabariz · 16-05-2015 a las 16:20

Obviamente non agrada esta falla de respecto despois de 16 anos adicando parte do meu tempo en traballar a prol desta vila e de moitos anos tamén de pertenza a distintas asociacións. Dende logo a mensaxe non é integradora, só lle faltou dicir que me vaia deste pobo. En fin, esperemos que o electorado (tanto o que me apoiou cando me presentei a pasados comicios como o que non) tome nota destas actitudes de desprecio á hora de depositar o voto o día 24 de maio

charly · 16-05-2015 a las 17:56

Esto e de coña, en vez de falar da sua gestion municipal (cobrando) enfocades todo en sabariz, sera para despistar , por que ? no falades do que faredes o non fisechedes, aver si vai ser que quedamos aliviados si falta vostede sr,Tarela que no economico a lo menos si 1.300 ? mais para os cesureños.
estes governantes non teñen nin vergonza tres a cobrar nun dos concellos mais pequenos de galicia, e inda queda xente, do bloque que lle da a razon-
alivia pensar que tanto o bloque,como estes estan en proceso de descoposicion.
( o tempo)

    doctor · 22-05-2015 a las 12:19

    Ela fala do que lle preguntan

    Penso que debias ler outra vez a entrevista. Non vexo en ningún lado ese enfoque sobre Sabariz, limitase a responder.

O AMANTE BILINJUE · 16-05-2015 a las 21:08

Aliviada sen dúbida tí, os q quedan son mais manexables. Qué gran nivel de políticos temos!!!!!

pedro da cachopa · 16-05-2015 a las 21:43

Y dijo yo, será un alivio para el joderno del untamiento de Sexsures porque la condesa de Saghasta no da una vara al ajua que molla,pero no para o pueblo.No entiendo,dentro de mi jran inoransia porque a esta jodernanta le molesta tanto que el ex-superconsejal mira todas esquinas e papeles del untamiento para ver e informar a las personas de las cousas que estan mal o que non se fixeron como dios dijo un dia que habia que faserlas. Se ten alivio es porque asi vas estar tranquila sempre e porque pensa se jana non va faser nada a non tener quien le faja denunsia.Porque el chico de las jruas das ghaviotas e a marquesa de Infesta nada van faser se perden,como no fisieron en estos catro añitos,solo fixo protestas mayores el ex-superconsejal. El futuro es de color como el de los cochiños que van al sementerio con los mortiños dentro, con la Condesa de Saghasta de Jefa de Estado de Sexsures.

Tatexo · 17-05-2015 a las 01:25

Cuando un político dice que algo es un alivio para él, mal asunto. Es normal y legítimamente democrático, que la oposición haga oposición, sino se llamaría de otra manera. Lo que sobran en este pueblo y país en general, son palmeros. Cómo pueblo, debemos de exigir a los cargos públicos eficiencia trabajo duro y esfuerzo; ¿Y eso cómo se demanda? Mediante el voto que coloca al gobierno y a la oposición. Ambos tienen sus funciones, aunque la de la oposición sea mucho peor valorada y normalmente los cambios de gobierno no sucedan por una buena oposición sino por una mala gestión del gobierno anterior.

De todas formas, el alivio a ella y a los otros dos consumidores del erario público, les llegará el 24 de mayo, cuando las urnas confirmen que pueden seguir cobrando de las arcas municipales y que no se vayan al paro. Desde luego, yo tengo claro que mi voto va a impedir que esto suceda, porque no concibo la política como una forma de financiarse a uno mismo. Todos los políticos deberían de tener una profesión con la que ganarse la vida honradamente, y más aún, en un pueblo tan minúsculo. El problema viene cuando 4 de las 5 listas que se presentan para estas elecciones, están claramente elaboradas con el objetivo de estar cuatro años más enriqueciéndose a costa de todos los cesureños y hacer que Pontecesures sea uno de los gobiernos que nos sale más caro a los ciudadanos (muchísimo más que Villagarcía).

papagos · 17-05-2015 a las 12:42

Dende logo eu non vexo falta de respecto algunha Sr Sabaríz. Cecilia responde a unha pregunta moi concreta do entrevistador, faltaría máis que non puidese dar a súa opinión. Ten graza que se ofenda cando leva toda a lexislatura chamándolles incompetentes, inoperantes, goberno de desidia, o goberno que padecemos etc, etc… chegou a dicir dun concelleiro o seguinte: «Intuimos que una de las intenciones de este señor puede ser la de volver a percibir una retribución por dedicación exclusiva los próximos cuatro años, y eso siempre provoca cierta tensión». En calquera caso como pode esixir respecto alguén que leva no seu historial ser un tránsfuga e un concelleiro reprobado por utilizar o seu cargo para facer a súa vivenda? o respecto Sr Sabaríz empeza por un mesmo.

Vexo nunha nota que acaba de publicar que se decanta abertamente nestas eleccións por Maribel e o PP. Non é nada novo véno facendo dende hai tempo. Recórdolles a algúns por si non se lembran que parece que non, que tanto Maribel coma o candidato do PP de entonces cobraron e ben que cobraron por estar no goberno, co beneplácito do Sr Sabaríz. E recórdolles a algúns que esa lexislatura foi a das chanchulladas, contratación de familiares, despilfarro, feria de automovil paralela, Wifi para amigos, lamprea para toda a familia e para as casas de algúns, columnas na casa a costa do erario público, 200.000 euros de facturas sen pagar etc, etc, etc… E non me veña agora Sr Sabariz dicindo que xa dou explicacións, porque vostede explicacións dá moitas outra cousa é que sexan veraces e sobre todo cribles.

Luis Sabariz · 17-05-2015 a las 14:46

Parece que el BNG esta preocupado con las declaraciones tan desacertadas de su candidata y vuelve a cargar contra mi. No sé cuantas veces di ya la cara ante los medios y ante el pleno sobre acusaciones. Ni utilización del cargo, ni enchufismos, ni las columnas, ni lampreas, ni nada. El que mejor sabe que a mi no me van esas prácticas es el actual alcalde pues estuve en su gobierno casi siete años. Preguntadle.
No me decanto por nadie en los comicios. Por razones de coherencia y en base a mi labor de oposición le contesto al que me pregunta que, a mi juicio, no se debe apoyar en las urnas a alguna de las listas de las fuerzas que forman el actual tripartito. Decir otra cosa después de estos cuatro años sería contradictorio pues lo que se trata es de que no se vuelva a formar un gobierno muy caro e incompetente como vengo sosteniendo. Y para eso hay que ir a votar y no quedarse en casa. Toda persona critica con la gestión del actual gobierno y que no quiere que se vuelva a constituir en el futuro con esas formaciones, ni cobrando tres sueldos ¿qué va a hacer?, pues votar a una de las otras dos fuerzas. Es lo lógico en democracia.

Ingelheim · 17-05-2015 a las 18:20

Muy lamentable que Tamariz califique de miembros del BNG a las personas que le recuerdan todos sus temas turbios(que no son pocos) por su paso por la política.
Por cierto,mucho hablas de exclusivas pero cabe destacar que las exclusivas de tus 2 amiguitos superaban a las 3 exclusivas juntas…..Normal que quedara en ayuntamiento a endeudado.

Luis Sabariz · 17-05-2015 a las 18:54

O concello non quedou endebedado, xa expliquei noutro comentario o remanente de tesourería para gastos xerais que quedou. De asuntos turbios nada e sobre as exclusivas xa se dixo, non sei cantas veces, que unha das que había aforraba o pago das remuneracións do funcionario do concello de plantilla que era primeiro tenente de alcalde. O custo en cartos para o concello foi bastante inferior ao de agora.
Isto todo está aquí na hemeroteca deste medio, por moito que vos empeñedes en dicir que non, este é o goberno máis caro da historia de Pontecesures e a única ocasión en que a metade do grupo de goberno cobra unha exclusiva. Son bastantes veciños os que día tras día din que iso non pode ser. E a miña obriga é lembralo porque tampouco estou dacordo.

    Ingelheim · 17-05-2015 a las 23:39

    Recordalle á xente que Pontecesures actualmente é un dos poucos municipios de España que non ten débeda.Pasaba eso co voso goberno de incompetentes e tránsfugas?

Luis Sabariz · 18-05-2015 a las 00:27

Non se pode estar a repetir o mesmo pois xa quedou explicado moitas veces. Quedou remanente de tesourería dabondo para afrontar os pagos pendentes en 2011. Non imos discutir agora de contabilidade local e da nova normativa xurdida por mor da crise. Non foi necesario aprobar ningún plan de axuste no concello e nalgúns outros tampouco.

papagos · 18-05-2015 a las 12:39

Sen dúbida o preocupado é vostede Sr Sabaríz, eu ata diría desesperado a tenor dos seus comentarios. Vostede é un presuntuoso e ten mais ego que cara, que xa é dicir. Cómo pode pensar que os veciños van condicionar o seu voto ao que vostede pensa ou opina?, os veciños votarán por quen queiran, por quen lles pete e por quen lles de a gana, faltaría máis.
Pareceme moi ben Sr Sabaríz que queira votar pola súa excompañeira de «chanchulladas e mamandurrias», si Sr Sabaríz «chanchulladas e mamandurrias». Ademais curiosamente é a única que fala ben de vostede, por que será?
Agora é contrario ás dedicacións exclusivas, vostede que non dubidou en apoiar dúas máis caras que estas tres. Por certo, vostede cre que a súa excompañeira chegado o momento exercería sen cobrar?
Déixese de contabilidade local, nova normativa e gaitas, 200.000 euros deixaron sen pagar, lembra que cando este goberno se pon cás festas do Carme encóntrase conque vostedes debían 15.000 euros das festas do ano anterior? quere que lle conte máis? Si, e xa sei que deu a cara e deu «as súas» explicacións etc, etc…
Por último Sr Sabaríz, eu non falo en nome de ninguén eu son un veciño máis que opina. En calquera caso,e é a miña opinión, dubido moito que o BNG este preocupado por vostede, entre outras cousas porque neste intre vostede é alguén irrelevante.

Luis Sabariz · 18-05-2015 a las 17:16

Pues al contrario, no me presento a las elecciones y estoy muy tranquilo. Yo no dije que el BNG estuviera preocupado por mi, dije que lo veía preocupado por la actitud de la persona que encabeza la lista, que es distinto.
Se dejó en 2011 un ayuntamiento saneado y el tema de las facturas pendientes y su pago con el remanente de tesorería de los 328.000 euros ya fue tratado al detalle no sé cuantas veces.
Naturalmente los vecinos expresan sus diversas opiniones sobre la gestión que realicé en todo este tiempo, pero soy muy libre de manifestar que, a mi juicio, los electores descontentos con un gobierno ineficaz con tres sueldos, no deben votar a alguna de las formaciones que lo integran y si hacerlo por alguna de las otras fuerzas. Eso no es condicionar el voto de nadie. Cada uno que haga lo que quiera, pero la única forma de que este gobierno no se forme de nuevo es votando. Si los descontentos se quedan en casa están facilitando que vuelva a haber los tres sueldos otros cuatro años.
Claro que no soy relevante, pero lo más curioso que observo es que tampoco me consideras tan irrelevante. Si así fuese no le darías importancia a mis comentarios y no intervendrías como lo estás haciendo.

papagos · 19-05-2015 a las 12:11

Asi que non lle gustan as miñas intervencións Sr Sabaríz. ? lóxico, as verdades doen e a vostede pásalle coma aos sátrapas que non lles gusta que lles repliquen. Mire, a importancia dos seus comentarios é proporcional á cantidade de mentiras, manipulacións e terxiversacións que levan. Vostede é un experto en facer unha cousa e defender o contrario.
Agora pide o voto para Maribel e para o PP porque está en contra dos soldos dos políticos, cando vostede lles puxo soldo aos dous e pedazo de soldos. Pásalle coma ao PP de Pontecesures que parece non lles gusta que os políticos cobren e non hai un concello onde gobernen sen cobrar, en A, en B ou en sobre dálles igual.
Por suposto que vostede é libre de pedir o voto para quen queira, pero utilice argumentos veraces. E por suposto tamén, que eu teño a mesma liberdade para opinar sobre os seus comentarios, e se non lle gusta Sr Sabaríz, é problema seu.

    Carpe Diem · 19-05-2015 a las 14:32

    Qué aburrimiento de comentario. A mí tampoco me gustan tus intervenciones. Empleas un tono muy agresivo y autosuficiente. Ni siquiera fui capaz de llegar al final.
    Ver lo pesado/a que eres me parece ridículo. Deberías dejar de llamar mentirosos a la gente que no opina como tú. Hablas con demasiada soberbia. ?l sólo dice lo que piensa como podemos hacer todos. Y tan irrelevante no será cuando te tiras horas contestándole. Abre tu mente y disfruta de la vida. En Cesures necesitamos gente más relajada. De nada.
    (P.D. Agradecería no tener respuesta).

      doctor · 19-05-2015 a las 15:36

      «agradeceria no tener respuesta»
      tocate los huevos, mi palabra es sagrada, no puede tener respuesta…

      Flipo de verdad, ti si que aburres, un comentario pra dicir nada

Luis Sabariz · 19-05-2015 a las 13:55

Home, chamarme sátrapa é un pouco forte, a min replicoume sempre quen quixo, é poder, o que se di poder, apenas tiven en función dos resultados das urnas. ? certo que tiven e teño críticas, claro, pero penso que de mintireiro non quedo.
Non dixen que os políticos non deban cobrar cando teñen unha exclusiva. O que sosteño é que o pequeno municipio de Pontecesures non debe ter tres membros do goberno cun soldo mensual. O volume de traballo e os recursos municipais non dan para iso. Pero aínda por enriba, o labor nestes catro anos destacou pola ineficacia, pola desidia, polos recortes, pola suba dos tributos, por non conquerir investimento algún doutras administracións agás os plans da Deputación para todos os concellos, etc.. ¿Para qué entón as exclusivas?.
Polo exposto manifestei que, ao meu xuizo, os críticos cos tres soldos e que non estean de acordo coa xestión destes catro anos, deben ir votar por algunha das forzas que non forman parte do actual goberno. Lóxico, pois se quedan na casa pode haber outros catro anos máis con tres soldos. ¡Todos ás urnas!, é o único arma que temos.

    Ingelheim · 22-05-2015 a las 15:12

    Recordoche que o teu amigo Rodolfo e Maribel cobraban entre os dous 1000 euros máis cas tres pagas exclusivas de agora.Eres un hipócrita, e deberiache dar vergonza falar destas cousas co historial que levas.

papagos · 19-05-2015 a las 19:24

Evidentemente Sr Sabariz eu non comparto nin a súa opinión, nin os seus motivos, pero si creo que os veciños deben de ir a votar. Porque canta máis xente vote máis claridade haberá no resultado.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.