II XUNTANZA DE ANTIGOS ALUMNOS DO INSTITUTO DE PADR?N, ANOS 75/76

Publicado por fru en

O venres 19 de xuño celebrouse a segunda xuntanza de antigos alumnos do instituto de Padrón dos anos 75/76.

Os antigos alumnos e profesores, procedentes de toda a xeografía española, foron recibidos no local do antigo instituto, hoxe centro social, por Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Manuel Barreiro Barreiro e Antonio Tubío Piñeiro, organizadores do evento.

Rematada a recepción percorreron as rúas da vila padronesa, nun viaxe ó pasado para moitos dos asistentes, que levaban desde a súa época de estudantes sen visitar a Terra de Rosalía.

Un dos lugares visitados foi o Bar Laiño, onde se serviu un aperitivo os asistentes. Os titulares do establecemento,  Maruja e Severo, foron dous alumnos mais lembrando as vivencias destes no establecemento.

Despois do aperitivo trasladáronse o Scala onde se celebrou a cea de confraternidade. ? remate da cea proxectouse un vídeo con fotos de época do instituto, aportadas polos alumnos.

De seguido  Manuel Barreiro leu unha emotiva carta que o profesor Víctor Aragonés dirixiu ós antigos compañeiros e alumnos.

Xosé Carlos Beiró foi o encargado de recordar, cunha sentida alocución, ós profesores e alumnos que xa non están con nos.

Finalmente Antonio Tubío Piñeiro, coñecido coma Maneiro, dirixiuse ós presentes para agradecer ós profesores a súa presenza e darlle grazas a marea que fixo posible que se xuntaran mais de cen persoas neste acto.

Como anécdota mais destacable comentou a sorpresa dalgúns profesores, cando lles apareceu na porta a policía preguntando por eles, ó non dispor doutro medio para contactar con estes.

A presenza dos profesores foi a sorpresa da xornada, dado que so os organizadores tiñan coñecemento dos que ían a asistir. Os profesores resultaron tamén sorprendidos pola asistencia de compañeiros que non volveran a ver desde aquela época.

 Os profesores presentes, José Manuel Sánchez, Conchita Pose, Higinio Rodríguez, o matrimonio Angeles González e Hilario Saínz, Fita Garrido, o escritor Bernardino Graña e a directora Marisel Véliz, recibiron o cariño dos seus antigos alumnos, que lle agradeceron as súas ensinanzas, brindándolle, en pe, un prolongado aplauso cargado de simbolismo.

Destacable dos profesores foi o mozo espírito de Bernardino Graña, quen, moi minguado na súa condición física, por un recente ictus, quixo estar presente en todos os actos. E a presenza da directora, Isabel Véliz, considerada, polos seus compañeiros, como a verdadeira alma mater daquel grupo de mozos profesores que, con moi poucos medios, puxeron en marcha  o recen creado instituto de Padrón.

A cea finalizou cun brindes polas moitas boas cousas que o Instituto de Padrón aportou as vidas dos presentes, entre elas o poder gozar da xuntanza que se estaba a celebrar.

? remate da cea os mais festeiros trasladáronse a discoteca do hotel, onde permaneceron ata altas horas da madrugada.

Galería de fotos:

IMG-20150620-WA0080

1896927_843090309061613_1029048285448767529_n

10354615_843091115728199_1511408117531321742_n

11105160_843090705728240_1446587189067792214_n

11537804_843091232394854_1845601484394035458_n

IMG-20150626-WA0001

IMG-20150620-WA0075

IMG-20150620-WA0036


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.