Arranxan a avaría na Avda. de Vigo pero deixan a excavadora municipal á intemperie esta noite.
Despois de estar unha semanda botando litros e litros de auga e de aparecer a queixa neste medio, no día de hoxe o goberno local reaccionou e a avaría na marxe da N-550 foi arranxada ou, polo menos, xa non sae auga.
Foi utilizada por fin a excavadora municipal recentemente adquirida, pero confirmouse, como denunciou a oposición no seu día, que o concello non ten medios para trasladar a máquina de segunda man que, a xuizo dos populares, non é axeitada nin rendible para o concello, debéndose adquirir no seu lugar outro tipo de maquinaria. Efectivamente tivo que ser un camión dunha empresa privada o que realizou esta mañá o traslado da excavadora dende a nave municipal á obra e, o que é peor, a máquina non foi trasladada despois de volta á instalación do concello quedando á intemperie toda a noite na leira. Pois si que coida ben o concello os bens municipais. Só queda desexar que non se lle causen desperfectos esta madrugada.
10 comentarios
papagos · 14-10-2015 a las 09:52
No mesmo día o Sr «Anónimo» denuncia nunha nota que non se utiliza a excavadora municipal e na nota seguinte anuncia que por fin se utiliza pero que durme fora. Paradigma do absurdo.
Pesado · 14-10-2015 a las 15:39
Pff, pois o de sempre….
outro · 14-10-2015 a las 17:14
O sr. anónimo non o é tanto porque todos sabemos que é Sabariz, e tamén sabemos por qué emprega o de «Redacción» dende aquel incidente non desexable a ninguén.
Se o goberno fose de Sabariz ou do PP, seguro que todos diriamos que «O de sempre» sería que a máquina tiña que saír a facer o traballo necesario e volver a pechala no lugar correpondente.
Pero claro, se a Sra. Alcaldesa é do BNG, donde durma a máquina é o de menos, o problema, o único problema, o verdadeiro problema, sabémolo todos, é Sabariz.
Pffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff…
Pesado · 14-10-2015 a las 19:40
Parece que non pillas as ironías
outro · 14-10-2015 a las 20:30
si, home, si, perdón por empregar entrecomillando a túa frase, pero iso do paradigma do absurdo xa son gañas de xustificar o inxustificable.
javahacks · 20-10-2015 a las 16:20
Blabla bla bla BNG! BNG! Bla bla blabla…
Gato pardo · 14-10-2015 a las 17:28
Neste tema ten toda a razon Seage o do PP, nunca se debeu de comprar esta excavadora e menos de segunda man por mais de 18.000 euros por moi pintadiña que estea con cae dez anos o lombo, non e rentable porque non pode circular polas pistas e carreteras nin o concello ten medio de transporte para cargar a maquina e ainda por riba non ten palista bo o concello
Avería cerca da de Frois, a maquina non vai e vai outra parecida dunha empresa cobrando, logo a pouco de ali outra avería que estuvo botando auga a chorros sete dias, aqui vai pero hai que pagarlle o traslado nun camión dunha empresa, e por riba queda alío raso porque ahora hai que pagarlle o traslado de volta, unha ruina e un ridiculo, ademais como ten que facer de palista calquera para furar no asfalto costalle un collón
manexala
Andanlle detras da pala ao goberno e reacciona a toque de campana o de sempre
papagos · 15-10-2015 a las 10:10
Si «outro», si. ? paradigma do absurdo publicar duas notas contraditorias no mesmo día.
O Sr «Anónimo» publica unha nota o día 13 preguntándose: «¿Por que non utiliza o Concello de Pontecesures a excavadora TAKEUCHI TB125?», curiosamente a máquina ese día estaba traballando. Este Sr non dicía a verdade e cando se decata do erro, publica outra criticando que a máquina durmise fóra. Cuestión opinable en calquera caso, a min non me parece preocupante que a excavadora durma unha noite fóra, fano os coches de moitos veciños tódolos días.
Doutra banda, eu non teño tantos coñecementos como «Gato pardo» para cuestionar o rédito da compra, e moito menos a profesionalidade do persoal que a manexa.Pero non se debe confundir ou manipular, si ben a excavadora, segundo se publica, custou 18.634 euros o concello so puxo 5.590.20 euros.
Parece que son outros os que fan o ridículo e andan a toque de campá.
Tirote · 16-10-2015 a las 18:52
Deixate de paxaradas papagos, meteronlle un calote coa excavadora o concello, porque era mellor una maquina con rodas, esta non circula polos camiños nin ten camion o concello para traladala,
Mira, a averia ao lado de Palermo foi a principios da semana pasada, e algun listillo do persoal do concello non deu a alarma porque como na eira non se via a auga pasou do tema, pero algun topo soplou a nova e nos festivos publicouse neste medio, entonces o goberno que non tiña nin idea da avería mandou amañala.
Sabes por que non se utilizou a Takeuchi ou Tamagochi esa na nacional frente a Cativos?, porque non hai palista formado no personal do concello para traballar no asfalto da nacional e igual forma un cristo, consecuencia hai que pagar unha maquina a unha empresa cando a ten o concello.
Sabes por que a maquina do concello foi a avaria de Palerno? porque na terra atreveuse a fozar un obreiro do concello, pero os movementos bruscos da maquina chamaron atencion. E sabes por que a maquina durmeu o raso? porque o concello non ten camion para levala e non pudo ir o camión dunha firma privada a buscala como a levou pola maña o sitio, mais gastos.
A excavadora non e rentable esta claro
outro · 16-10-2015 a las 19:21
Papagos, é imposible o debate. Non podes comparar o feito de que a máquina pase a npite fora co feito de que o fagan os nosos coches. Ti, e mais eu, e a veciña de enfrente, deixamos o coche fora, baixo a nosa propia responsabilidade, e se pola mañán está desfeito ou simplemente non está, non temos que darlle explicación a ninguén. Presentamos a correspondente denuncia se queremos (ou non) e fin do conto.
O da máquina é diferente. Se desaparece é un deterioro do patrimonio municipal por una pura neglixencia e hai que depurar responsabilidades.