OBRAS EN PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Nesta semana deron comezo as obras seguintes:

  1. Obra de conservación e mellora de 2 edificios municipais.

Pavillón

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de conservación e mellora en dous edificios de titularidade municipal. Trátase, en concreto, de mellorar as condicións de uso e a eficiencia enerxética do pavillón de deportes municipal e o denominado club xuvenil.

No club xuvenil prevese instalar unha calefacción, conectada á caldeira da biblioteca municipal, e no pavillón de deportes, renovar o tratamento superficial da pista deportiva e substituír a porta de entra principal ao edificio.

No Clube Xuvenil procederase a conectar a caldeira no semisoto da biblioteca co edificio do Club Xuvenil mediante tubería de cobre illada, pasada polo interior dun tubo soterrado existente. Xa no interior do edificio, instalaranse uns radiadores de aluminio, conectados mediante tubería de cobre á vista. O sistema impulsarase cunha pequena bomba situada á saída da caldeira, e controlada mediante un termóstato programable.

No pavillón procederase a aplicar un novo tratamento superficial da pista deportiva, mediante unha laca incolora

antideslizante. Previamente deberá eliminarse as pinturas e a laca actual, e volver a pintar as delimitacións dos campos de deportes. Asemade, substituirase a actual porta de chapa do acceso principal ao pavillón por unha dobre porta de chapa dobre, con sistema de apertura mediante barras anti-pánico.

Esta obra foi financiada pola Deputación de Pontevedra en base as baixas do POS 2015 cun importe de 12.190,00?.

  1. Instalación de nichos no Cemiterio Municipal

Cemiterio Municipal

Á vista da demanda existente, o Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de instalación de novos nichos no cemiterio municipal. A obra consistirá na execución dunha estrutura ou carcasa perimetral, formada por uns muros de formigón

armado, coloreado e con diversas texturas superficiais, dentro da cal se irán instalando módulos de 12, 16, 20 o 24 nichos prefabricados, delimitados por muros in situ de formigón armado nos laterais, e de bloque de formigón na parte posterior, deixando nesta a preceptiva cámara de ventilación e de recollida de lixiviados. Na presente fase instalaranse 48 nichos, en módulos de 16, 12 e 20.

Ademais do anterior, executarase diante dos novos nichos un camiño de grava, cun tubo de drenaxe enterrado que permita evacuar as pluviais, e, ao final do camiño, un alcorque para a plantación dun magnolio, así como un surtidor de auga conectado a mangueira existente nesa zona.

Esta obra foi financiada pola Deputación de Pontevedra en base o POS 2015 cun importe de 44.913,23?.

 

Ademais en breve procederase á adxudicación da OBRA DE REFORMA E MELLORA NO SISTEMA DE DEPURACI?N E DISTRIBUCI?N DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2016 por un importe de 76.434,76?

Tamén a través do Plan Concellos 2016 se abonaron 4 mensualidades do canon de prestación do servicio de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos ó ente Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza  por un importe de 47.963,32?

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.