Jorge Janeiro abandona o grupo municipal de TeGa.

Publicado por Redacción o

No pleno de Pontecesures celebrado no día de onte anunciouse que tivo entrada no rexistro un escrito do concelleiro Jorge Janeiro Cortés comunicando que abandona o grupo municipal de Terra Galega, que formaba con Ángel Manuel Souto Cordo, para ser concelleiro non adscrito.

Lémbrase que o concelleiro de TeGa, Souto Cordo, apoiou a recente moción de censura formando parte do grupo de goberno, mentres Janeiro Cortés, nin apoiou dita moción (de feito non estivo presente no pleno) nin forma parte do goberno municipal.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.