TEATRO EN PONTECESURES: “A LINGUA NA BOCA” DE LIMIAR TEATRO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Cartel-LIMIAR PONTECESURES

??A lingua na boca? ?? letras, riscos e pensamentos de Castelao, é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Un proxecto deseñado para a Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do Ano Castelao. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao.

A lingua na boca é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxetos e narración oral para xogar coa lingua.

M?RCORES 10 DE AGOSTO ÁS 12.00 HORAS NA PLAZUELA. (en caso de choiva desprazarase ao Centro Social).


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.