CAMPA?A DE DETECCI?N PRECOZ DO CANCRO DE MAMA EN PONTECESURES.
Ponse en coñecemento dos veciños/as que o programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, iniciou a súa Campaña no Concello de PONTECESURES o 27 de Outubro 2016.
Esta campaña consiste na realización gratuíta de mamografías a todas as señoras de 50 a 69 anos deste concello.
As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada NO HOSPITAL DO SALNES.
Mediante unha carta comunicaráselle o día, hora e lugar o que teñen que acudir.
Todas as señoras que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen carta poden chamar o telefono 981 14 14 14, onde lles darán unha cita.
0 comentarios