NOTA DE PRENSA INTEGRA DOS REPRESENTANTES SINDICAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES

Publicado por Redacción en

O persoal do Concello de Pontecesures estuda un calendario de mobilizacións en demanda cumprimento da legalidade e da aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT)

Despois de varios meses agardando pola avaliación da situación organizativa e retributiva do persoal que se comprometeu a acometer o novo executivo xurdido da Moción de Censura e de diversas reunións, o pasado martes, o alcalde Juan Manuel Vidal Seage, deu unha resposta: a RPT que foi aprobada na Mesa de Negociación e que contou co apio unánime da totalidade do persoal e das organizacións sindicais NON lle vale. Indicou estar disposto a elaborar unha nova RPT para o persoal funcionario do concello (6 persoas), e para o persoal laboral fixo (2 persoas), considerando que o resto do persoal laboral ??indefinido? (18 persoas) non debe entrar nesa RPT.

Cabe dicir que a RPT que foi rexeitada no pleno do pasado 25 de xaneiro de 2016 polos Grupos Políticos que agora constitúen o Equipo de Goberno levaba daquela mais dun ano en elaboración e custou case 6.000 ? ás arcas municipais, incluía a totalidade do persoal estrutural municipal, tal coma recolle a Lei do Emprego Público de Galicia; e prevía o inicio da aplicación económica neste exercicio de 2016.

Na asemblea do persoal municipal, convocada previamente para o mesmo martes, á que acudiu a maior parte do plantel municipal, deuse conta da resposta negativa a dotar ao Concello dunha RPT que cumpra a legalidade, o que orixinou MALESTAR E DECEPCI?N por parte dos presentes, por 3 motivos fundamentais:

– Das reunións mantidas co actual equipo de goberno ata a data, traducíase que se ía estudar o problema da organización e retribución do persoal ao servizo do concello, manifestando en varias ocasións que a oposición á aprobación da RPT o pasado xaneiro obedecía mais a unha falta de coñecemento da RPT e da situación do persoal, cá non compartir a necesidade de dotar ao concello dunha RPT e corrixir situacións discriminatorias. Sentímonos enganados.

– Quedou constatado que se usou a negociación salarial coa anterior alcaldesa para realizar unha moción de censura, xogando cos salarios que perciben os traballadores, moi por debaixo dos tempos actuais que corren (hai persoal cobrando menos de 800 ?, logo de estar na empresa mais de 10 anos). Pontecesures non ten Orzamento Municipal en 2016. Fomos utilizados.

– Vemos que non existe vontade de solucionar este tema dun xeito aceptable por ambas partes. E máis, parece que imos para atrás. O argumento de que non poden entrar o persoal laboral indefinido ou temporal non foi motivo para asinar RPTs noutros concellos (ultimamente Meis), ou incluso ter que corrixir esas ??discriminacións? coma lle acaba de pasar ó concello de Lalín (38 persoas que foran excluídas por non ser laborais fixos, agora teñen que incluírse na RPT). Cando a maioría de concellos xa van pola segunda o terceira modificación da RPT, Pontecesures aínda continúa no século pasado sen o instrumento básico da organización do seu persoal. Rexeitamos a inxustiza e o atraso.

Nas próximas semanas acordaremos e faremos público o calendario de Mobilizacións.
Como empregadas e empregados públicos queremos unha administración pública moderna e eficiente; rexeitamos as privatizacións (que xa sabemos a que levan), non renunciamos a que as veciñas e veciños de Pontecesures conten cuns servizos municipais públicos de calidade, eficientes, ben organizados e a que no Concello de Pontecesures se cumpra a legalidade. Esiximos que se nos trate con xustiza e respecto.

As e os delegados sindicais.

Pontecesures 02 de decembro de 2016.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.