O BNG de Pontecesures e os circos.
Levamos a pleno unha moción para declarar Pontecesures vila libre de circos con animais que foi aprobada por unanimidade, non sin antes o señor Seage dar o seu particular punto de vista sobre este tema; non está de acordo coa moción pero vota a favor…..O importante é que a moción saeu adiante e, Cesures únese ás vilas que rexeitan no seu territorio os circos con animais salvaxes ou domésticos; animais que, na meirande parte das veces, viven en condicións deplorables.
O último circo que se asentou en Cesures, ofreceu un espectáculo lamentable. Os animais enfermos e nun estado físico lamentable, amarrados con cordas na zona de Atios e co escaso alimento e auga. O mellor, un sinal que indicaba textualmente «ANIMAIS PERIGOSOS, NON APROXIMARSE»….cando o único sistema de seguridade existente era unha cinta de balizar
Sí os circos e os seus espectáculos pero sin animais, por favor.
0 comentarios