EXPOSICI?N FOTOGRÁFICA «SORRISOS TRANSFORMADORES» E CHARLA ACERCA DA SENSIBILIZACI?N CO COLECTIVO TRANS (LGTBI).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

EXPOSICI?N dende o 24 de xaneiro a 1 de febreiro de 2017 na Casa do Concello de Pontecesures. Horario da exposición de 9.00 a 14.00 horas.

A inauguración terá lugar o vindeiro martes 24 de xaneiro, ás 16:30 horas, na entrada da casa do concello. A continuación, ás 17:00 horas, no salón de plenos, comezará unha charla a cargo de Cristrina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans. A exposición poderase visitar ata o próximo 1 de febreiro en horario de mañá.

Sorrisos trans*formadores» é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS), con fotografías de Noemí Chantada.

Baixo o lema «Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive-e deixa vivir» o proxecto busca a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans* para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

Esta iniciativa trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

O proxecto «Sorrisos trans*formadores» comprende unha exposición fotográfica de visibilización positiva que inclúe imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea. De forma paralela desenvólvense diversas charlas informativas destinadas principalmente á comunidade escolar.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.