O custo do traslado do alumeado dunha beirarrúa a outra da Avda. de Arousa ten que afrontalo o concello.

Publicado por Redacción en

A construción dunha beirarrúa no tramo de Pontecesures da PO-548 Pontecesures/Vilagarcía (Avda. de Arousa) xunto coa mellora dos servizos foi custeada pola Xunta de Galicia e está rematada. O voceiro socialista, Roque Araújo, preguntou no pleno ordinario do 30 de xaneiro cando se ían colocar os báculos de alumeado na beirarrúa construída respostando o alcalde que o traslado das columnas ten que ser asumido polo concello pois na obra realizada quedou preparado todo para conectalas no chan pero que está pendente o labor de trasladalas da estreita beirarrúa, onde están ata o de agora, para a nova. Aclarou que ían ser trasladadas as mesmas farolas e que se está a espera de contar con consignación orzamentaria, cifrando o importe da actuación o concelleiro de infraestruturas, Ángel Souto, nuns 3.000 ?.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.