??TECENDO UN MUNDO?: ACTIVIDADE REALIZADA NO CPI DE PONTECESURES NO DÍA 8 DE MARZO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

??TECENDO UN MUNDO?: ACTIVIDADE REALIZADA NO CPI DE PONTECESURES NO DÍA 8 DE MARZO.

Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado do CPI de Pontecesures participou no programa “Tecendo un mundo?.

O resultado foi a elaboración dun tapiz común (1 por cada curso), formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados.

Así, de forma creativa, esta metáfora, mostrou a importancia de unirse e contemplar a diversidade, para defender que a igualdade de oportunidades se constrúe a través do recoñecemento da pluralidade.

Todos os tapices elaborados estarán expostos ata o 31 de marzo no Salón de Plenos da Casa do Concello de Pontecesures.

Concellería de Servizos Sociais


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.