Científicos galegos atopan un medicamento que reduce o dano da hemorraxia cerebral.

Publicado por Redacción en

Tomás Sobrino e José Castillo, dous dos investigadores do IDIS que asinan o estudo.

As hemorraxias cerebrais, tamén coñecidos como ictus hemorráxicos, supoñen só entre un 15 e un 20% de todos os ictus ?? o resto adoitan ser obstrutivos -, pero de cada 10 persoas que as sofren, entre tres e catro falecen. Ademais, este accidente cerebrovascular é unha das principais causas de incapacidade grave nos adultos. Cómpre, por tanto, buscar camiños que reduzan os danos causados por esta doenza. Varios científicos do IDIS de Santiago (José Castillo, Tomás Sobrino, Esteban López, Alba Vieites e Francisco Campos) xunto a investigadores do Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) da Universidade de Navarra, demostraron a eficacia dun novo composto, chamado CM352, para o tratamento da hemorraxia intracerebral.

Os resultados, xa confirmados en animais, acaban de ser publicados no último número da revista Journal of the American Heart Association. Os investigadores explican que a molécula atopada reduce o dano neurolóxico e mellora a recuperación funcional tras a hemorraxia. ??CM352 é un potente axente antihemorráxico cun mecanismo de acción seguro e efica. O traballo de investigación conxunto demostrou que detén o sangrado intracerebral e reduce a inflamación, o que conduce a unhas lesións cerebrais máis pequenas e a unha mellora da recuperación funcional?, explican os doutores Josune Orbe, investigadora do CIMA, e Tomás Sobrino.

Este achado pode supoñer un importante avance no tratamento da hemorraxia cerebral, xa que a pesar do seu impacto social e económico, non ten actualmente ningún tratamento eficaz e específico e o prognóstico destes pacientes non conseguiu mellorar significativamente nas últimas décadas. Así, o CM352 pode constituír unha nova estratexia contra o ictus hemorráxico. ??A partir de agora, a investigación vai centrarse en analizar os factores que regulan a eficacia desta molécula en mostras de pacientes con hemorraxia intracerebral co fin de deseñar os futuros ensaios clínicos. O obxectivo final é a integración dos estudos preclínicos e clínicos que permita desenvolver un novo tratamento antihemorráxico nesta patoloxía?, conclúen os investigadores.

GCiencia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.