XORNADA DE DOAZ?N DE SANGUE EN PONTECESURES: LUNS 14 DE AGOSTO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures colabora coa campaña solidaria

#súmatedoasangue

O Concello de Pontecesures e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e ?rganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:

 

PONTECESURES

LUNS 14 de AGOSTO

Unidade móbil de doazón de sangue na Plazuela (xunto á Igrexa)

10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

 

Pontecesures acadou 70 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e cumpriu de xeito xeneroso a taxa de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). O obxectivo é manter de novo esta participación solidaria durante o presente ano.

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións

e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.