RUTA DE SENDEIRISMO EN PONTECESURES: ??OLLANDO O ULLÁN? DO PROGRAMA GOZA DO ULLA O DOMINGO 17 DE SETEMBRO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese dende maio a outubro nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río;  como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levarase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 17 de setembro.

Esta ruta ten un percorrido aproximado de 17.5 km e realizase en 4 horas máis o menos. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. ? un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do  Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.

Inscrición previa na oficina de xuventude do Concello de Pontecesures no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org , tan so hai indicar nome e apelidos, concello de procedencia e número de teléfono. Saída DOMINGO 17 DE SETEMBRO ÁS 9.00 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, contaráse co acompañamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e tamén disporemos en tres ou catro puntos da ruta de servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos caminantes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.