Reordenación dos accesos ó colexio CPI DE PONTECESURES
No día de hoxe comezaron as ??Obras de mellora da seguridade viaria en diversos viais municipais?. O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación integral de mellora da seguridade viaria en un número importante de camiños e rúas municipais (Regadío, Ensanche, Barosa, San Lois, Rial, Carreiras, Carlos Maside e Calera), así como a reordenación do tráfico no entorno do colexio (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo), coa finalidade de mellorar tanto a seguridade como a fluidez do tráfico en horario de entrada e saída do colexio.
Estas obras foron adxudicadas á empresa N.O.S.A. cun presuposto de 48.805,03? financiado polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
A actuación integral trátase dunha actuación sinxela, na que únicamente se prevé executar uns redutores de velocidade realizados con aglomerado asfáltico (previo fresado parcial da zona de actuación), coñecidos como lombos de asno, de 1,80 metros de largo, sinalizados con pintura viaria e sinalización vertical ao inicio das rúas ou camiños.
A reordenación na zona do colexio que se realizará nunhas rúas urbanas (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo) que actualmente contan con dobre sentido e pouco aparcamento, consistirá en reordenar o tráfico deixando o tramo no que se actúa (desde a biblioteca ata a rúa Ullán) dun único sentido, aumentando as prazas de aparcamento que darán servizo tanto ao colexio como ao centro de saúde, a biblioteca e o club xuvenil, reservando zonas para parcamente de persoas con mobilidade reducida, ambulancias e buses, todo isto mediante sinalización horizontal e vertical, e mediante a instalación de bolardos flexibles para protexer a circulación de peóns nas zonas de plataforma única. Tamén se reformará un paso de peóns existente fronte ao colexio, para elevalo e facelo accesible, ao tempo que funcione como redutor de velocidade, e se substituirá un tramo de 43 x 2,60 metros de pavimento en mal estado na zona de aparcamento diante da escola infantil.
Ante a realización destas obras e as conseguintes dificultades iniciais dos conductores para a adaptación ós novos sentidos das rúas, o equipo de goberno solicita a máxima comprensión polas molestias xeradas.
0 comentarios