XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES (06/decembro/2017)
XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES
Mércores 6 de decembro de 2017
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 11:30 horas
O Concello de Pontecesures organiza a XVIII edición da súa carreira popular o mércores 6 de decembro de 2017 a partir das 11:30 horas.
Como novidade, este ano a proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo
A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.
A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite o luns 4 de decembro ás 22 horas.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)
Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba ??mércores 6 de decembro de 2017– de 9.00 a 11.15 horas], a carón da saída das probas.
A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.
0 comentarios