Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:
MELLORA EN INSTALACI?NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. (PAVILL?N E CAMPO DE F?TBOL) O Pavillón Municipal de deportes é un edificio antigo que apenas sufriu reformas importantes dende a súa construción. Ten diversos problemas construtivos e de funcionamento, propios da súa antigüidade e do seu uso intensivo por parte tanto de clubs deportivos do municipio e de municipios próximos, como do colexio xunto ao que se atopa. En concreto, preténdese reducir os problemas de humidade co que conta no seu pavimento mediante a instalación dun drenaxe na base da súa fachada sur, que é a máis exposta á choiva e que linda cuns terreos que tenden a inundarse cando se dan períodos persistentes de mal tempo. Tamén se prevé mellorar a funcionalidade da instalación mediante unha cubrición diante da porta principal de acceso, de xeito que con mal tempo os nenos e pais que esperan para entrar no pavillón poidan estar a cuberto.
O Campo de Fútbol Municipal é unha instalación deportiva dunha certa antigüidade, e que nos últimos anos foi reformada, pero só na zona do campo de xogo, para a instalación dun pavimento de herba artificial. Ten un uso moi intensivo, xa que nel xogan moitos clubs deportivos, tanto do propio municipio como de outros cercanos. O perímetro do campo de xogo conta con diversos pavimentos, con zonas de formigón, zonas asfaltadas, zonas en herba natural e zonas en terra. As zonas de herba e terra supoñen un problema funcional, xa que en épocas de choiva resultan case impracticables, e en épocas de tempo seco, levántase terra e po que, en parte, acaba no terreo de xogo. Ademais, a zona de herba provoca que se dispersen sementes polo campo, provocando o nacemento de herbas no terreo de xogo. ? por isto que resulta necesario acometer obras de pavimentación nesas zonas, para mellorar así o funcionamento da instalación, tanto para os que van practicar o deporte, como para os espectadores que teñen que pasar pola zona de acceso (en terra e barro). Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 30.243,25? dos que 19.995,54? son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020 e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e 10.247,71? con fondos propios do Concello. |
OBRADOIRO INTERXENERACIONAL DE RECICLAXE CREATIVO: “FAINO TI MESMO: RECICLAXE CREATIVO EN FAMILIA”.
??Faino ti mesmo: Reciclaxe creativo en familia?
Informase ás veciñas e veciños que o Concello de Pontecesures se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2017 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mes de decembro o obradoiro interxeneracional de reciclaxe e creatividade ??Faino ti mesmo: Reciclaxe creativo en familia?. Neste obradoiro as familias realizarán actividades plásticas e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoverá o respecto polo medio ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, e ademáis fomentarase o traballo en equipo nas familias e entre persoas de distintas xeracións.
O obradoiro desenvolverase no mes de decembro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Dende o 22 ata o 29 de decembro de 11.00 a 14.00 horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (venres 22, martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 -de 10.00 a 14.00 horas-).
As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.
Persoas beneficiarias e requisitos: |
O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures.
No programa poden participar persoas de todas as idades, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais?).
As nenas e nenos de entre 13 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.
As nenas e nenos de menos de 13 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 13 anos non acompañados.
Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.
Documentación: |
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
?? Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)
?? Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 13 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros)
?? Volante de empadroamento.
No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.
Prazo de inscrición: Dende o 1 ata 30 de novembro de 2017 incluído |
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na web http://www.pontecesures.org
Por fin funciona o reloxo da Igrexa na Plazuela.
Logo de permanecer parado moitos meses, por fin está en marcha o reloxo. Xa era hora.
El PSOE acusa al alcalde de Valga de obligar a dimitir a la directiva de la escuela Musival.
El Partido Socialista de Valga ha acusado al alcalde José María Bello Maneiro de obligar a dimitir a la directiva de Musival, escuela de música municipal de cerca de 250 alumnos y a la que este año se le denegó la ayuda municipal de 25.000 “necesarios para seguir funcionando”, argumenta desde el grupo liderado por María Ferreirós.
Las acusaciones al regidor municipal prosiguieron, “lleva años intentando manejar políticamente y de manera partidista a la asociación musical”. Del mismo Ferreirós añadió que “Bello Maneiro puso en una situación límite a la escuela para obligar a dimitir a la directiva completa”, una dimisión que se hizo efectiva el pasado lunes siendo presentada por registro.
El inicio de la discordia se originó, según el grupo de la oposición, “a una cena de Santa Cecilia en 2016 porque la directiva de Musival, como marca el protocolo, invitó a un representante de cada grupo político que compone el Concello de Valga. Eso enfureció a Bello Maneiro dándole plantón a la cena tras hora y media de espera”. Alude también Ferreirós a una reunión entre el alcalde y los padres de alumnos en la que el regidor señaló que la directiva dimitida “cambió de rumbo”.
En su exposición, el PSOE subrayó que “es inaceptable que se pongan o quiten directivas de asociaciones en función de los intereses de Bello Maneiro. Es inaceptable e irresponsable que se traslade un problema personal y político a 250 alumnos. La actitud que lleva mostrando en los últimos meses define perfectamente las prioridades de este alcalde”.
Faro de Vigo