Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Adxudicación da Obra MELLORA EN INSTALACIÃ?NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

    MELLORA EN INSTALACIÃ?NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. (PAVILLÃ?N E CAMPO DE FÃ?TBOL)

O Pavillón Municipal de deportes é un edificio antigo que apenas sufriu reformas importantes dende a súa construción. Ten diversos problemas construtivos e de funcionamento, propios da súa antigüidade e do seu uso intensivo por parte tanto de clubs deportivos do municipio e de municipios próximos, como do colexio xunto ao que se atopa.

En concreto, preténdese reducir os problemas de humidade co que conta no seu pavimento mediante a instalación dun drenaxe na base da súa fachada sur, que é a máis exposta á choiva e que linda cuns terreos que tenden a inundarse cando se dan períodos persistentes de mal tempo. Tamén se prevé mellorar a funcionalidade da instalación mediante unha cubrición diante da porta principal de acceso, de xeito que con mal tempo os nenos e pais que esperan para entrar no pavillón poidan estar a cuberto.

 

O Campo de Fútbol Municipal é unha instalación deportiva dunha certa antigüidade, e que nos últimos anos foi reformada, pero só na zona do campo de xogo, para a instalación dun pavimento de herba artificial. Ten un uso moi intensivo, xa que nel xogan moitos clubs deportivos, tanto do propio municipio como de outros cercanos.

O perímetro do campo de xogo conta con diversos pavimentos, con zonas de formigón, zonas asfaltadas, zonas en herba natural e zonas en terra. As zonas de herba e terra supoñen un problema funcional, xa que en épocas de choiva resultan case impracticables, e en épocas de tempo seco, levántase terra e po que, en parte, acaba no terreo de xogo. Ademais, a zona de herba provoca que se dispersen sementes polo campo, provocando o nacemento de herbas no terreo de xogo.

Ã? por isto que resulta necesario acometer obras de pavimentación nesas zonas, para mellorar así o funcionamento da instalación, tanto para os que van practicar o deporte, como para os espectadores que teñen que pasar pola zona de acceso (en terra e barro).

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 30.243,25â?¬ dos que 19.995,54â?¬ son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020 e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e 10.247,71â?¬ con fondos propios do Concello.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.