Bolsas de apoio á escolarización 2026/27: nova ventá de solicitude do 21 de outubro ao 10 de novembro

As bolsas de apoio á escolarización do curso 2026/27 do Concello de Pontecesures poderán solicitarse do 21 de outubro ao 10 de novembro, segundo a información actualizada hoxe na web municipal e o novo cartel da convocatoria. A vantá substitúe o prazo inicial que rematara o 15 de outubro, polo que as familias que non chegaran a presentar a solicitude aínda teñen oportunidade.
As axudas ascenden a 100 euros por menor para o alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria (1º e 2º curso), e a 80 euros por menor para o de 2º e 3º ciclo de Primaria (3º, 4º, 5º e 6º curso) e de Ensino Secundario. Están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e ESO do municipio.
As solicitudes preséntanse no Servizo de Servizos Sociais do Concello, onde se ofrece máis información. Os requisitos e a documentación necesaria (factura orixinal da compra, acreditación do pagamento e memoria xustificativa) están detallados na nosa entrada anterior sobre esta convocatoria, así como no bando e nas bases reguladoras dispoñibles na web municipal.
Fuente: Concello de Pontecesures