Bolsas de apoio á escolarización 2026/27 en Pontecesures: 100 e 80 euros por menor, solicitudes ata o 15 de outubro

O Concello de Pontecesures convocou as bolsas de apoio á escolarización para o curso 2026/2027, dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e ESO do municipio. O prazo de solicitude xa está aberto e remata o 15 de outubro.
As axudas ascenden a 100 euros por menor para o 2º ciclo de Educación Infantil e o 1º ciclo de Primaria (1º e 2º curso), e a 80 euros por menor para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria (3º, 4º, 5º e 6º curso) e de Ensino Secundario.
As solicitudes preséntanse no Servizo de Servizos Sociais do Concello, cos modelos normalizados dispoñibles na web municipal e na sede electrónica (pontecesures.sedelectronica.gal). Xunto coa instancia hai que achegar a factura orixinal da compra, a acreditación do pagamento e a memoria xustificativa (Anexo III).
Máis información e documentación:
Fuente: Concello de Pontecesures