O PP denuncia «a constante destrución de prazas» de aparcadoiro en Pontecesures
O PP de Pontecesures denuncia «a errática política de aparcadoiros» do goberno da alcaldesa, Maite Tocino, e lamenta «a constante destrución de prazas» na vila, poucos días despois de que o Concello anunciase destinar parte do superávit de 2025 a un aparcadoiro disuasorio de 40 prazas na N-550.
Os populares detallan que na rúa Rial a falta de prazas nos garaxes provoca que moitos coches estacionen nas aceras e nos marxes das fincas. A esta situación sumouse, segundo o PP, a colocación de bolardos que supuxo «a desaparición de máis aparcadoiros». Para compensala, o Concello creou un aparcadoiro disuasorio que, critican, non cumpre esa función porque está «afastado e ao outro lado da nacional».
Ademais, denuncian que o goberno quere eliminar as prazas da finca adquirida a Valga porque pretende converter a zona «nunha praza pública libre de vehículos».
Desde o PP esixen á alcaldesa unha política «seria e eficaz de aparcadoiros», xa que zonas como Redondo, Portarraxoi, a Avenida de Arousa, o casco urbano ou lugares máis afastados como Carriras «sofren a diario este problema sen que o goberno implemente solucións».
Fonte: Diario de Arousa