Pouco orixinal o logo da Praza de Abastos segundo os socialistas cesureños.
Visto o NOVO LOGO da Praza de Abastos de Pontecesures, non parece que sexa moi orixinal…
Socialistas de Pontecesures
O socialistas dous días antes do Festival das Letras Galegas criticaron a falla de información sobre o mesmo.
Parece ser que o sábado se desenvolverá en Pontecesures o tradicional Festival do Día das Letras Galegas; parece ser que nel participarán os grupos locais Algueirada e Xarandeira; parece ser que haberá otros dous grupos invitados; parece ser que antes da actuación na Plazuela haberá un pasarrúas… Dicimos parece ser, porque hoxe, só dous días antes, nin hai cartel nas rúas do pobo nin anuncio na web oficial do Concello.
Socialistas de Pontecesures
O BNG de Pontecesures critica que o cartel do Festival das Letras Galegas saíse de véspora.
Parabéns ó noso equipo de goberno que foi quen de, onte ó mediodía, publicar o cartel do Festival das Letras Galegas que se celebrará hoxe.
Magnífica campaña de promoción e divulgación das xa de por si escasas actividades culturais que se desenvolven no noso concello.
BNG Pontecesures
A Fundación Rosalía e Martín Veiga reciben o Pedrón.
O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro concede este ano o seu premio principal Fundación Rosalía de Castro, que hoxe o vai recoller precisamente na casa da poeta en Padrón. No caso do Pedrón de Honra 2017, o padroado recoñece o labor do profesor e poeta Martín Veiga, director do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork.
A Fundación Pedrón de Ouro destaca da tamén Fundación Rosalía que «historicamente foi un refuxio da actividade cultural galeguista, como demostrou durante anos coa celebración da misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo, organizada polo Padroado, único acto público no que se consentía a lingua galega».
O Pedrón de Ouro premia tamén os setenta anos da fundación do Padroado Rosalía de Castro e salienta que nos últimos anos levou a cabo unha importante modernización museográfica. E no caso do Pedrón de Honra, a fundación distingue a personalidade que fóra da terra destaque polas súas achegas ao engrandecemento de Galicia e da súa cultura.
La Voz de Galicia
El PSOE de Valga ve irregularidades y pide dimisiones por el edificio administrativo.
El PSOE de Valga incide en sus denuncias sobre la existencia de supuestas irregularidades en las obras del edificio administrativo. Los socialistas afirman que un concejal del grupo de gobierno firmó una certificación del final de obra el pasado 9 de diciembre cuando estas todavía no habían acabado y preguntan por qué el alcalde y el concejal de Obras, Ramón Castro, aprobaron el abono de 45.000 euros a la empresa constructora en estas condiciones. «Calquera das dúas opción demostraría unha total irresponsabilidade por parte dun cargo público», señala la portavoz del PSOE, María Ferreirós, quien no deja de lamentar el silencio de los miembros del grupo popular a las preguntas que formuló en pleno en relación a este asunto. «Tanto o concelleiro de Obras como o alcalde están obrigados a saír a explicar este asunto».
Ferreirós pide la dimisión del concejal e insiste en pedir una aclaración pública «porque se podería estar falando de delitos de falsidade de documento oficial, estafa e fraude á administración pública, algo tremendamente serio dado que estamos falando do mesmo goberno que está sendo investigado por un presunto delito de prevaricación e malversación de caudais públicos», señala la socialista.
«Actuacións como estas deixan en total indefensión os intereses dos veciños de Valga e crean na veciñanza un clima de gran desconfianza cara este goberno local», concluye la concejala en su comunicado.
La Voz de Galicia