Xestións dos socialistas de Pontecesures en relación coas beirarrúas da N-550.

Publicado por Redacción o

No pasado pleno, preguntamos polas xestións feitas para arranxar as beirarrúas da N-550 ao seu paso por Pontecesures. Parece ser que o alcalde vaise entrevistar coa directora de demarcación de carreteras.
O que é un feito é que o Partido Socialista leva anos preocupándose por este asunto. O que é un feito e que levamos tres anos presentando enmendas aos orzamentos do Estado para poder levar a cabo esta obra por parte do noso deputado Gullermo Meijón, e o Partido Popular, sistemáticamente, ano tras ano, VOTA EN CONTRA.
De novo, o Partido Socialista renova o seu compromiso con Pontecesures e rexistra una proposición non de lei para a remodelación das beirarrúas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.