O PP de Pontecesures critica a demora no anuncio dos actos do Día da Muller.

O equipo de goberno cesureño publicou, con apenas 48 horas de antelación, o programa de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller neste 2025, por certo con algún erro ortográfico incluído. Fiel ao seu xa coñecido modo de actuar, volve sorprendernos coa súa planificación para o vindeiro sábado 8 de marzo: absolutamente NADA. O executivo decidiu que o mellor momento para desenvolver actividades enmarcadas na igualdade, a diversidade e o empoderamento feminino é un mércores ás 9 da mañá, en lugar do propio 8 de marzo, cando unha maior parte da cidadanía podería participar e dar visibilidade a unha causa tan fundamental. Esta decisión non só limita a asistencia, senón que tamén resta impacto á loita contra unha problemática inadmisible nunha sociedade moderna. Socialistas e nacionalistas presumen de situar estas accións no eixo das súas políticas; unha vez máis, en Pontecesures vemos como din unha cousa e predican coa contraria.

POPULARES DE PONTECESURES

Morreu José Manuel Rey Fraga.

Aos 69 anos morreu o pasado domingo este veciño de Pontecesures que estaba casado con Teresa Domínguez González. O funeral tivo lugar onte na Igrexa de Pontecesures e de seguido foi incinerado na intimidade familiar.

Descanse en paz.

Coñecido o falecemento os socialistas de Pontecesures fixeron o domingo a seguinte nota pública:

“”Hoxe é un día moi triste para a agrupación socialista de Pontecesures, o día que nos despedimos do noso compañeiro Rey.

Vaise unha das mellores persoas que puidemos ter a sorte de coñecer. Implicado e participativo, sempre colaborou nas actividades da nosa agrupación e, sin dudalo, sempre formou parte das candidaturas municipais cando se lle requería.

Lembrémolo como o coñecimos, con ese eterno sorriso co que te saudaba, sempre vital e disposto a botar unha man no que fora necesario.

Unha grande aperta á famillia e amizades.

D.E.P.. compañeiro.””

SOCIALISTAS DE PONTECESURES

Os socialistas cesureños con Pedro Sánchez.

Non todo vale en política. A difamación e a falsedade nunca poderán vencer á honestidade e a decencia. Máis que nunca, os e as Socialistas de Pontecesures co noso presidente Pedro Sánchez e a súa familia.

Socialistas de Pontecesures

Os socialistas cesureños lembran a Constantino Méndez no día do seu falecemento.

Faleceu Tino Méndez, cesureño de nacemento, colaborador desta agrupación socialista en distintos comicios electorais, secretario de Estado para a Administración Pública no último goberno de Felipe González e número dous da añorada Carme Chacón no Ministerio de Defensa, sendo presidente José Luis Rodríguez Zapatero.

Socialistas de Pontecesures