Maneiro reitera ante o pleno a legalidade da xestión municipal.
– Reproba que os concelleiros da oposición ??se erixan en xuíces e tamén en inspectores de traballo».
– Defendeu a profesionalidade dos traballadores municipais ante os intentos de ??embarrar e falsear?.
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, defendeu no pleno extraordinario de onte, convocado a petición do PSOE, a legalidade da xestión do equipo de goberno e a responsabilidade dos traballadores municipais no exercicio das súas funcións, lamentando que os concelleiros da oposición se erixan ??en xuíces e agora tamén en inspectores de traballo?.
O rexedor incidiu en que ??o Concello contratou a unha persoa e non a unha empresa para realizar traballos de reforzo administrativo?. Engadiu que para o equipo de goberno ??esa é a persoa idónea para realizar esa tarefa e está a cumplir á perfección co seu traballo?. Bello Maneiro fixo extensiva esta afirmación a todos os funcionarios e traballadores do Concello. Sobre a situación laboral de dous deles, pola que que preguntou expresamente o Partido Socialista, o alcalde reiterou que ??están facendo o traballo que lle corresponde ou máis aínda, polo que estamos moi contentos e satisfeitos con eles?.
No tocante ás dietas que perciben o secretario e o interventor acumulados, Bello Maneiro recalcou que ??todo o que se pagou está dentro da legalidade?. Lembrou, asimesmo, que os orzamentos recollen as prazas de secretario e interventor: ??Quen convoca as prazas é o Ministerio de Administracións Públicas e, en caso de non cubrirse, quen nomea secretario e interventor é a Xunta de Galicia e non esta Alcaldía?. Neste sentido, o rexedor afirmou que ??a oposición de Valga, en lugar de defender os intereses dos veciños, o único que pretende é embarrar, falsear e ir ao xulgado?. Puxo como exemplo a figura de Luis Nieto, sobre o que volveu a explicar que ??nin traballa nin cobra do Concello?.
Por último, sobre a construción do Centro de Interpretación da Caña, Bello Maneiro explicou que os terreos foron adquiridos polo Concello a un particular. ??Esa parcela é propiedade do Concello de Valga e, de feito, a queixa presentada ante a Valedora do Pobo foi arquivada?.
O alcalde, en representación do grupo de goberno, respondeu deste xeito, a todos os asuntos plantexados polo Partido Socialista con excepción do último sobre os cursos ADF. Cando Bello Maneiro estaba a contestar, e logo de varias interrupcións por parte da voceira socialista con temas que nada tiñan que ver coa orde do día, o rexedor deu por rematada a sesión.
Páxina do Concello de Valga
0 comentarios