Aprobadas as mocións dos socialistas de Pontecesures no pleno do pasado luns.
O grupo municipal socialista logrou acadar a aprobación por unanimidade da moción que presentou que insta á Xunta a xestionar a creación en Galicia dun tren de cercanías similar aos que funcionan noutras comunidades autónomas. A moción insta tamén a RENFE e ao Ministerio de Fomento a modificar a categoría do Eixo Atlántico de ferrocarril de Media Distancia a Cercanías. Lograr este obxectivo permitiría non só un abaratamento do traxecto, senón que tamén potenciaría a parada de Pontecesures,que podería ter máis frecuencias e paradas.
Tamén foron aprobadas as outras dúas mocións presentadas polo grupo municipal socialista, (desta volta, coa abstención do equipo de goberno); unha de apoio ás reivindicacións dos funcionarios e funcionarias de xustiza, e outra, unha moción para establecer un sistema público de pensións con maior capacidade de redistribución e redución das desigualdades.
0 comentarios