Os socialistas de Pontecesures critican o pleno urxente do pasado mércores.

Publicado por Redacción o

Máis do mesmo
Os concelleiros de Pontecesures fomos convocados onte para un pleno urxente hoxe, ás 10 da mañán?Máis alá do motivo da convocatoria, preguntámonos, era necesaria a urxencia?
A razón era aprobar polo pleno a solicitude duha subvención para a mellora do alumeado público de Pontecesures, algo co que estamos completamente A FAVOR, xaquelogo, pleno tras pleno, estamos a reclamar ao goberno local solucións as deficiciencias e avarías que constantemente se están a producir.
O que custa entender e NON APROBAMOS é que se convoque para hoxe este pleno con carácter urxente, o último día efectivo para acadar a subvención, cando leva convocada fai caseque un ano, cando houbo tempo dabondo para correxir erros e deficiencias, cando fai apenas unha semana houbo un pleno ordinario onde podía ser aprobada?
Máis do mesmo: desinterese, apatía, desidia?

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.