CORTE DE AUGA O MARTES 31 DE XULLO.
CONCELLO DE PONTECESURES
SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS
AVISO
Na xornada do martes 31de xullo procederáse a un corte na rede de subministro de auga, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento.
Este corte afectará as seguintes zonas:
- Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Casa do Concello.
- Rúa José Novo Núñez, dende a Casa do Concello ata a intersección co Camiño de San Xulián.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
0 comentarios