ÚLTIMOS DÍAS DE PRAZO PARA INSCRICIÓN NO OBRADOIRO INTERXENERACIONAL “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

 

Recordase que o prazo para inscrición neste obradoiro remata este venres 30 de novembro ás 14.00 horas. 

Obradoiro interxeneracional: “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”. Neste obradoiro as familias realizarán actividades con dinámicas e exercicios de risoterapia. Con este obradoiro peséguese mellorar o estado xeral dos asistentes, mellorando o seu estado de ánimo e favorecendo as súas condicións físicas.

O obradoiro desenvolverase nos meses de decembro e xaneiro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Dende o 26 ata o 28 de decembro, e do 3 ata o 4 de xaneiro de 11.00  a 14.00 horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (mércores 26, xoves 27, venres  28, xoves 3 e venres 4 -de 10.00 a 14.00 horas-).

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.

Persoas beneficiarias e requisitos:

O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures.

No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).

As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.

As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos non acompañados.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.

Documentación:

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)

— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).

— Volante de empadroamento.

No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.

Prazo de inscrición:                        Dende o 1 ata 30 de novembro de 2018  incluído

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na web http://www.pontecesures.org

Descargar Documento... Impreso de solicitude TECENDO LAZOS 2018
Descargar Documento... Autorización menores 12 a 17 anos TECENDO LAZOS 2018

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.