Infórmase aos veciños e veciñas que o Concello de Pontecesures participa Programa DEPOTERMAL 2019 da Deputación Provincial de Pontevedra que conta con dúas modalidades:
a) Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
b) Programa termal de pernoctación (estadía en réxime de Pensión completa durante 6 días/5 noites).
Persoas destinatarias e requisitos:
-Ser nacidas antes de 1969, ou ser pensionista, ou precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante informe social da TS do SSC.
No caso de parellas que desexen participar xuntas é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
– Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.
En ambas as dúas modalidades existen prazas de reserva subvencionadas con ata o 100% para persoas en situación de precariedade económica (RPC mensual inferior ao IPREM -532,51€-) e en situación de risco social, o que se acreditará mediante informe social da TS do SSC.
Documentación:
— Modelo de solicitude cuberto (anexo II).
— Certificado acreditativo da condición de persoa pensionista.
— Tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
— Informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos para xustificar a condición de persoa beneficiaria do respiro familiar, tanto no caso da persoa solicitante coma no da acompañante (anexo V).
— No caso das prazas reservadas subvencionadas, valoración social referida na base oitava nos termos establecidos nesta convocatoria (anexo III).
Prazo de Solicitude: Ata o 26 de marzo
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social
Comunitario deste Concello os luns (11 a 15 H), martes e venres de 9 a 14 horas.
0 comentarios