Traballos na Estación de FF.CC. de Pontecesures.
Logo de colocarse hai uns tres meses un novo teito da marquesina continuaba a caer auga no andén principal da estación, e así comunicouse ao ADIF que era necesario substituir as baixantes do edificio da estación e reparar a canalización das augas no teito da marquesina para evitar as filtracións. Pois ben; no día de onte comezaron os traballos solicitados para satisfacción de todos.
Ao parecer vaise mellorar nos vindeiros días a iluminación na entrada aos andéns dos usuarios qie acceden ao recinto dende a Praza do Coche de Pedra ou do Camiño da Portiña.
Quedamos á espera de que nos instalen os novos bancos e as novas papeleiras nos andéns. Este mobiliario urbano é moi necesario.
En fín, aínda con lentitude e a golpe de arreóns vanxe arranxando as instalacións cuestión básica para a potenciación do servizo de ferrocarril na nosa vila.
Por último, hai que facer un chamamento para que se coiden as instalacións, Non hai moito elimináronse as «pintadas» da fachada, pero aos poucos días actuaron os gamberros reaparecendo as inscricións. Onte pintouse de novo o edificio. Esperemos que non sexa atacado unha vez máis.
Luis Ángel Sabariz Rolán
0 comentarios