SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA A XORNADA DO LUNS 9 DE SETEMBRO.
SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS
AVISO
Na xornada do luns -9 de setembro– procederáse a un corte na rede de subministro de auga, por mor das obras que se están a levar a cabo no peirao de Pontecesures.
Este corte afectará nas seguintes rúas:
- Rúa San Lois: Dende o Supermercado Froiz ata a a vía do tren na marxe esquerda.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 8.30 ás 12.30 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
0 comentarios